Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid

04/05/2018

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará presente no Salón de Gourmets, Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade, que se celebrará do 7 ao 10 de maio de 2018, en Madrid, en IFEMA, Recinto Feiral Juan Carlos I, no stand institucional da Xunta de Galicia, Conselleria do Medio Rural (Pavillón 6, G10).

No marco de actividades programadas, a D.O. RIBEIRA SACRA realizará unha serie de actividades dentro do Programa Degustacións «Galicia: 31 experiencias de calidade» co fin de dar a coñecer ao público asistente as peculiaridades e características do viño e da viticultura na Ribeira Sacra:

  • Luns, 7 de maio de 12.00 a 13.00 h.: Degustación de viños da D.O. Ribeira Sacra
  • Martes, 8 de maio de 15.00 a 16.00 h.: Degustación de I.G.P.Pataca de Galicia con viños D.O. Ribeira Sacra
  • Miercoles, 9 de maio, de 17.00 a 18.00 h.: I.G.P.Grelos de Galicia, I.G.P.Faba de Lourenzá, I.G.PLacóngalego, I.G.P.Pataca de Galicia e viños D.O. Ribeira Sacra.
  • Xoves, 10 de maio, de 12.00 a 13.00 h Viños D.O. Ribeira Sacra.


Salón de Gourmets - Feira de Alimentación e Bebidas de Calidade, é un evento organizado polo Grupo Gourmets, pioneiro da gastronomía española, de carácter internacional e exclusivamente profesional dedicado aos produtos de alimentación e bebidas de alta calidade.
Creado en 1987, o Salón de Gourmets foi evolucionado ata converterse na feira profesional de referencia no sector da gastronomía de alta calidade en Europa. Nesta trixésimo primeira edición contará cunha ampla representación estranxeira institucional de países como Suíza, Hungría, Italia, Francia, Portugal, Países Baixos ou Perú, xunto coa presenza de Canadá, como país de honra.

A Organización en colaboración co ICEX (Instituto de Comercio Exterior), convida a xefes de compras, directores xerais e propietarios de negocios de alimentación internacionais interesados na comercialización de produtos delicatessen. Estes compradores potenciais son oriúndos de Europa, Asia, América do Norte, Centro e Sur, así como de Australia e Nova Zelandia. Desta forma, a presenza da D. O. Ribeira Sacra nun evento destas características reforzará aínda máis a internacionalización que buscan os viños producidos ao amparo do Consello Regulador.

http://www.salondegourmets.com/


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SÍGUENOS EN: