Inicio recomendado de inicio de vendima

04/09/2017

O Pleno do Consello Regulador reunido no día de hoxe decidiu como data oficial recomendada para o inicio xeneralizado da recollida de uva o próximo día 7 de setembro, despois de valorar os controis de maduración que os técnicos do Consello Regulador realizaron en diferentes viñedos representativos das cinco subzonas que forman a Denominación de Orixe.

O Consello Regulador para realizar as tarefas de control de calidade en adegas e viñedos da Denominación de Orixe durante esta campaña, conta co reforzo de 12 técnicos (veedores); ademais do persoal fixo co que conta todo o ano, formado pola Directora Técnica e tres técnicos.

O pasado 19 de agosto comezaba a vendimiar a primeira adega en Ribeira Sacra. Nesta campaña prevese que 93 adegas elaboren viño baixo o amparo da Denominación de Orixe, das que 31 adegas están a realizar tarefas de vendima nestes momentos e 2 adegas xa finalizaron a recollida de uva.

A uva está a entrar nas adegas cun estado sanitario bo.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SÍGUENOS EN: