Imprimir y PDF

Recollida de mostras para a Cata de Cualificación da Colleita

10/02/2017

Os técnicos do Consello Regulador comezaron a recollida de mostras para a Cata de Cualificación de Colleita de 2016 que terá lugar o 24 de febreiro, na subzona de Amandi, no concello de Sober (Lugo), dado o carácter rotatorio da celebración desta cata.  

Para a Cata de Cualificación recóllense un total de dez mostras representativas das cinco subzonas que integran a denominación de orixe. As mostras corresponden a dez adegas diferentes, dúas por cada unha das cinco subzonas (Amandi, Chantada, Quiroga- Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil).
O panel de cata estará formado por dez catadores de gran experiencia, procedentes de Galicia e doutros lugares de España:

  •     José María Martínez Alonso: Membro do Panel de Cata do Consello Regulador
  •     Alfonso Losada Quiroga: Experto en viticultura e enoloxía
  •     Raúl Escudeiro Fernández: Secretario do C.R.D.Ou. Cigales
  •     Mikel Ceberio: Asociación de Catadoras de Navarra
  •     Antonio Raluy Rodríguez: Membro do Panel de Cata do Consello Regulador
  •     Jose Seoane: Xornalista especializado
  •     Iria Otero Mazoy: Asociación de Sumillleres Gallaecia
  •     José Ángel Lamas Peteiro: Asociación Vitislucus ? Expertos en Ánalisis Sensorial
  •     Maribel Gómez Soriano: Asociación Galega de Enólogos
  •     Constantino Igrexas Fernández: Asociación Galega de Catadores


O últimas dez catas de cualificación das colleitas de Ribeira Sacra han sico valoradas como moi boas.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: