Viños de Ribeira Sacra premiados en concursos

15/03/2017

Diferentes viños de varias adegas amparadas baixo a Denominación de Orixe Ribeira Sacra foron premiados en concursos nacionais e internacionais, o que demostra que os viños con D.Ou. Ribeira Sacra continúan sumando éxitos e cada vez son máis valorados pola gran calidade e peculiaridade que os caracteriza.

Os últimos premios obtidos  por viños con D.Ou. Ribeira Sacra son:

Premio Pequenas D.O. 2017: Medalla de Prata para Malcavada Mencia 2015 da adega Araceli Vázquez Rodríguez situada en Sober, Lugo.
 
Pemios Monovino Monovarietales 2017: Mención de Honra para Tear Mencía 2015 da adega Manuela Valdés Pérez de Sober, Lugo.
 
Premios Catavinum 2017:                                                                                                                                                                                

  • Medalla de Ouro: Bancales Olvidados barrica 2014 da adega Adega Ponte da Boga S.L. de Castro Caldelas, Ourense.
  • Medallas de Prata: Expresión Histórica barrica 2014 e Ponte da Boga Albariño 2015 ambos tamén da adega Adega Ponte da Boga S.L.
  • Medalla de Prata: Finca Cuarta Mencía 2015 da adega Rubén Moure Fernández de Pantón, Lugo
  • Medallas de Prata: Vía Romana Godello 2015, Vía Romana Mencía 2015 e VR Mencia barrica 2012 os tres da adegas Adegas e Viñedos Via Romana S.L. de Chantada, Lugo.

Bacchus de Prata para Rectoral de Amandi Mencía Barrica 2014 (edición limitada Manolo Arnoya) de Adegas de Reitoral de Amandi S.A.U situada en Sober, Lugo.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SÍGUENOS EN: