Imprimir y PDF

Volve a Cata dos Viños de Ribeira Sacra e faino con 84 mostras rexistradas de 32 adegas

23/05/2022

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebra os días 26 e 27 de maio, a  Precata e Cata dos Viños da Ribeira Sacra. Para esta edición presentáronse un total de 84 viños pertencentes a 32 adegas: 27 viños tintos, 16 viños brancos e 41 doutras anadas. Con respecto á última cata, celebrada no 2019, preséntanse 20 viños máis, destacando o incremento na categoría doutras anadas que pasa de 16 a 41 mostras inscritas.

Estas son, precisamente, as tres categorías do certame: Viños Brancos, Viños Tintos e Viños doutras Anadas. Nas categorías de Brancos e Tintos establécense 3 premios: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce. Na categoría doutras Anadas establécense 2 Medallas de Ouro, ao superar as 14 mostras participantes.

Técnicos do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra recolleron 3 mostras ao azar de entre o stock das adegas. Este mércores, día 25 de maio, o notario procederá ao embolsado, precintado e numerado das botellas, que permanecerán convenientemente custodiadas ata a celebración da Cata.

Os viños cataranse por series, comezando polos Viños Brancos e terminando cos viños doutras Anadas. O número máximo de viños seleccionados que pasarán á Cata final será de 10 para a categoría de Viños Tintos e 6 para as categorías de Viños Brancos e Viños doutras Anadas,

O panel de cata desta XXVI edición intégrano:

  • Ramón García Bernárdez, Representante Asociación Galega de Enólogos
  • Mercedes González Rodríguez, Representante Vitislucus-Expertos Análise Sensorial e Enoturismo
  • Miguel Ángel Martín, Fundador portal Enocata.com. Colaborador en publicacións especializadas e programas de Radio. Xurado en concursos nacionais e internacionais. Vicepresidente da Asociación Española de Periodistas y Escritores del Vino (AEPEV).
  • Jorge Luis Mazaira Pérez, Director Técnico CRDO Valdeorras.
  • Antonio Manuel Magallhaes, Integrante do Panel de Cata da Denominación de Orixe da Rexión Demarcada do Douro. (Viño de Douro y Porto)
  • Alberto Levi, Asociación Italiana de Sumilleres
  • José María Martínez Alonso, Integrante do Comité de Partes do Consello Regulador.
  • Mª Eugenia Medina González, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.
  • Maira Ratón Fernández, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.
  • Juan Ángel Fernández Martínez, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.
  • Rosa Domínguez Domínguez, Integrante do Panel de Cata do Consello Regulador.
  • María Isabel Mijares y García de Pelayo, Fundadora e vicepresidenta da Unión Española de Catadores; vicepresidenta da Federación Internacional de Periodistas y Escritores de Vino e integrante da Real Academia Española de Gastronomía; coordinadora e directora da Guía Repsol dos Viños de España; fundadora e directora de Equipo Team S.L.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: