A 11 de outubro de 2024, a campaña de vendima na Ribeira Sacra achégase ao seu final coa recollida dun total de 4.868.906 quilos de uva ata a data.
O recoñecido sumiller Ferran Centelles, colaborador habitual de Jancis Robinson, unha das publicacións de referencia no mundo do viño, publicou recentemente un extenso artigo sobre a súa visita á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Durante a súa estadÃa, Centelles tivo a oportunidade de realizar unha cata a cegas o pasado 16 de maio organizada polo Consello Regulador. O artigo, titulado Ribeira Sacra - a denominación nun delicado equilibrio, foi publicado o 7 de outubro na prestixiosa web de Jancis Robinson, e subliña a singularidade dos viños desta D.O.
A Denominación de Orixe Ribeira Sacra acadou excelentes resultados na recente edición do Mondial des Vins Extrêmes 2024, un certame enolóxico de referencia mundial para os viños producidos en rexións de montaña ou mediante viticultura heroica. Este ano, o evento celebrouse no Val de Aosta, Italia, unha rexión alpina coñecida polos seus viñedos en pendentes pronunciadas.
Onte, 23 de setembro, comezou oficialmente a vendima na Denominación de Orixe Ribeira Sacra, tal e como se determinou polo Pleno do Consello Regulador en base aos controis de maduración realizados polas técnicas do propio Consello. Este ano, os adegueiros da zona destacaron as excelentes condicións das uvas, o que augura unha colleita de alta calidade.
O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra reuniuse este 12 de setembro para decidir a data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe.
A vendima 2024 na Denominación de Orixe Ribeira Sacra comeza de xeito progresivo e puntual en algunhas adegas da Denominación de Orixe.
O pasado 21 de agosto, a Ribeira Sacra conmemorou os 900 anos do seu nome cun evento no Mosteiro de Santa MarÃa de Montederramo, organizado polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
O Hotel San Francisco de Santiago de Compostela foi o escenario da XXXVI Cata dos Viños de Galicia, un evento destacado no calendario vitivinÃcola de Galicia que reuniu a representantes do sector e autoridades locais. Durante a entrega de premios, outorgáronse os Acio de Ouro aos mellores viños de cada denominación.
Este 19 de xullo tivo lugar a entrega de premios da XXVIII Edición dos Premios Ribeira Sacra. Nesta edición participaron 67 viños de 24 adegas, 23 deles tintos, 18 brancos e 26 na categorÃa doutras anadas.
JoaquÃn Hidalgo, destacado crÃtico de viños e editor para Sudamérica e España en Vinous.com, visitou a Ribeira Sacra esta semana, explorando viñedos e adegas. Tamén asistiu ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra onde realizou unha cata. Durante a súa visita, Hidalgo tivo a oportunidade de probar os viños da rexión e compartir as súas impresións sobre esta histórica zona vinÃcola.
A pasada fin de semana, do 5 ao 7 de xullo, celebrouse con gran éxito a VI Feira do Viño da Ribeira Sacra na contorna do malecón de Monforte de Lemos. O evento destacou tanto pola calidade dos viños presentados como pola súa variada oferta cultural e gastronómica.
Antonio LombardÃa, presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, participou nas II Xornadas AgrÃcolas Marienses celebradas os dÃas 21 e 22 de xuño nas Illas Azores, organizadas polo Municipio de Vila do Porto en colaboración coa Asociación AgrÃcola de Santa Maria.E
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España