Listaxe de adegas certificadas


Os viños amparados pola Denominación de Orixe Protexida Ribeira Sacra deben cumprir cos requisitos establecidos no Prego de Condicións, que regula o seu proceso de produción, para obter a súa certificación de produto. Este Prego recolle todas as etapas da produción e garante a orixe do produto e o sea trazabilidade.

Previamente á certificación de cada tipo de viño, avalíase que tanto as instalacións do subministrador como os seus procesos de elaboración se adecuan ao establecido, ademais de realizarse análise física-químicos e organolépticos das mostras tomadas para o efecto durante esta avaliación.

As adegas poden comercializar os tipos de viño así certificados coa marca “D.O.P. Ribeira Sacra”, mentres que o seu incumprimento podería supoñer a non concesión ou retirada do certificado e o uso da marca impedindo á adega vender viño baixo esta designación.

Para a certificación de novos viños dun operador deberase solicitar o formato “Solicitude Certificación”, dispoñible na web do Consello Regulador.

Descargas


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SÍGUENOS EN: