Datos do Consello Regulador


A Ribeira Sacra, é unha zona de produción vinícola cunha extensión de 2.500 hectáreas de viñedo, que supoñen un 5,2% do solo dedicado á vide en Galicia. Comprende parroquias e lugares de 20 municipios situados ao longo das ribeiras do Miño e do Sil, no sur da provincia de Lugo e norte de Ourense.

Agrúpanse estes municipios en cinco subzonas diferenciadas tradicionalmente como elaboradoras de especialísimos viños:
  • Subzona de Amandi.
  • Subzona de Chantada.
  • Subzona de Quiroga-Bibei.
  • Subzona de Ribeiras do Miño.
  • Subzona de Ribeiras do Sil.

A superficie dedicada en todas elas ao cultivo da vida restrínsexe á situada na ribera.

A denominación de Orixe Ribeira Sacra foi autorizada por unha orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, do 3 de setembro de 1996, nomeándose mediante a orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia, do 30 de maio de 1995 un Consello Regulador que controla e protexe os distintos tipos de viño autorizados e garante a súa calidade, encargándose así mesmo de promocionar o produto no mercado e protexer o seu nome.

Variedades autorizadas

  • Brancas preferentes: Albariño, Loureira, Treixadura, Godello, Dona Branca e Torrontés.
  • Tintas preferentes: Mencía, Brancellao, Merenzao, Tempranillo, Sousón e Caiño Tinto.
  • Tintas autorizadas: Garnacha Tintorera e Mouratón.

Clima

  • Val do Miño, cunha pluviometría dos 900 mm anuais e unha temperatura media de 14ºC.
  • Val do Sil, cunha pluviometría de 700 mm e unha temperatura media de 13ºC.

Tipos de solo

No val do Miño os solos son similares aos de orixe granítico que dominan en toda Galicia occidental, de fraccións areosas e limosas, frescos e permeables.

Os vales do Sil son de tipoloxía oriental, con abundancia de arxilas, aínda que o solo das terrazas melloraron notablemente a calidade de solo orixinal.

Descargas


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SÍGUENOS EN: