Dicionario do viño


A Madeira


Defecto dun viño branco oxidado, apagado e escurecido, que lembra os viños xenerosos en posuír as súas calidades.

Aberto


Cando o viño ten pouca cor e é pouco equilibrado en boca

Abocado


Viño moderadamente doce

Ácido


Viño que predomina o sabor ácido debido aos ácidos naturais procedentes da uva ou da fermentación

Adstringencia


Sensación que provoca unha concentración nas papilas e se engancha ó padal, debido aos taninos do viño, que vai moderándose coa crianza.

Aerobia


Proceso biolóxico que require a presencia de osíxeno

Afroitado


Dise do viño que ten aromas de froitas (melocotón, albaricoque, plátano, grosella, framboesa, amorodo, cereixa, ameixa, mora, etc).

Agulla


Presenza de carbónico natural, burbullas que aparecen en certos viños novos

Albariza


Chan de cor moi clara, rico en carbonato cálcico. Típico da zona de Xerez

Alegre


O viño que é vivaz, ten un aroma limpo e acidez fresca. Dise tamén dos viños espumosos con agradable burbulla.

Amendoado


Sabor a améndoa que aparece en viños tintos novos, elaborados con maceración carbónica. Tamén pode reflectir algunhas alteracións como exceso de oxidación nos viños brancos, ou o “gusto de luz” dos viños espumosos mal conservados.

Amargo


Apréciase na parte posterior da lingua e non debe confundirse co sabor do tanino.


Ambarino


Tonalidade dalgúns viños brancos causada pola oxidación.

Amontillado


Viño xeneroso de Xerez, de dourado a ambarino, con sabor seco abelanado e un contido alcohólico entre 17 e 18º. Córdoba, Andalucía. Beber fresco. Aperitivo.

Amorodo


Aroma frutal que aparece en certos viños tintos ou rosados e nalgúns oportos. Tamén pode atoparse en viños espumosos elaborados coa uva Pinot Noir..



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SÍGUENOS EN: