Feiras do Viño na Ribeira Sacra


Feira do Viño de Chantada

Cartaz Feira do Viño de Chantada
2º Fin de semana de marzo

A Feira do Viño de Chantada abre as feiras do viño na Ribeira Sacra.

Este ano 2018 chega a 36ª edición que se desenvolverá os días 9, 10 e 11 de marzo.

Catas comentadas, stands das adegas participantes, actuacións musicais, charangas, pasarrúas, orquestras...(www.concellochantada.org)







Feira do Viño de Amandi

Cartaz Feira do Viño de Amandi
 Festa de interese turístico de Galicia

Feira de Amandi (Sober) celébrase como é habitual o Domingo de Ramos.

Este ano 2018 celebráse a XXXVIII edición o 24 e 25 de marzo

Catas comentadas, stands das adegas participantes, actuacións musicais, charangas, pasarrúas, orquestras...(concellosober.com)










Feira do Viño de Vilachá

Vilachá de Salvadur, no concello da Pobra do Brollón, celebra no primeiro fin de semana de maio a súa feira.

Nesta edición de 2018, a XXVII, terá lugar o 5 e 6 de maio.

Unha feira do viño que ten como peculiaridade que as degustacións dos caldos fanse nas centenarias adegas do lugar. Como complemento á cita organízanse distintas actividades gastronómicas e musicais.

Feira do Viño de Pantón

A edición de 2018 desenvolverase durante os días 12 e 13 de maio.

Catas, casetas das adegas participantes, actuacións musicais, charangas, pasacalles, orquestras postos de polbo, Carreira Popular da Ruta do Románico ... (www.concellodepanton.es)

CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SÍGUENOS EN: