Imprimir y PDF

Túnel do viño da D.O. Ribeira Sacra na Feira L de Lugo, mentres a Denominación leva vendimados 2.663.378 quilos

23/09/2022

A D.O. Ribeira Sacra acode á Feira L de Lugo que celebra a súa segunda edición os días 25 e 26 de setembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, en horario de 12.00 a 21.00.  

Dentro da programación inclúese o Túnel do Viño D.O. Ribeira Sacra, para saborear o viño resultado da viticultura heroica e como protagonista por ser o única D.O. vitivinícola da provincia. Participarán da cita 30 viños de 16 adegas con diferentes tipos de viños: brancos, tintos, barrica e diferentes anadas.  

A cita organizada pola Asociación de Distribuidores de Hostalería e Alimentación de Lugo pretende ser o escaparate da riqueza culinaria da provincia e aspira a converterse no evento gastronómico máis importante do noroeste peninsular.  


10º día de vendima oficial e 2.663.378 quilos recolleitos  
Ás portas da segunda fin de semana de vendima oficial na D.O. Ribeira Sacra, despois de comezar o 15 de setembro, as 89 adegas que vendiman nesta campaña levan recolleito 2.663.378 quilos de uva. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 1.905.597 quilos
  • Garnacha 70.925 quilos
  • Merenzao 57.699 quilos
  • Brancellao 19.773 quilos
  • Caíno tinto 17.425 quilos
  • Sousón 8.327 quilos
  • Tempranillo 6.565 quilos
  • Mouratón 2.835 quilos
  • Grao Negro 36 quilos

  Variedades brancas

  • Godello 454.526 quilos
  • Albariño 70.625 quilos
  • Treixadura 34.967 quilos
  • Branco Lexítimo 7.589 quilos
  • Dona Branca 4.391 quilos
  • Torrontés 1.163 quilos
  • Loureira 935 quilos


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: