O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra celebrará os días 29 e 30 de xuño, a XXVII Cata dos Viños da Ribeira Sacra e a súa gala de entrega de premios.
O día 29 terá lugar a pre-cata e o día 30 a cata final no Parador de Turismo de Monforte de Lemos; mentres que a gala de entrega de premios terá lugar o día 30 ás 14:00 h. no restaurante Bistró da cidade do Cabe.
Nesta ocasión participan 63 mostras de 26 adegas, 25 mostras corresponden a Viños Tintos, 12 mostras a Viños Brancos e 26 mostras a Outras Anadas.
A cata dos viños da D.O. Ribeira Sacra é un dos eventos máis destacados para promocionar os viños que se elaboran neste territorio. Este ano faise co lema “Ribeira Sacra, proxecto común”.
“A D.O. conseguiu situar os seus viños nos máis altos estándares de calidade grazas ao traballo conxunto de viticultores e adegueiros que contribuíron a crear e manter unha paisaxe que nos fai únicos no mundo, ademais de dinamizar e dar valor ao noso rural xerando un sector que impulsa o crecemento económico doutros sectores, por iso este territorio e os nosos viños son un proxecto de todos, un proxecto común”, asegura o presidente do C.R.D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía.
O certame establece tres categorías: Viños Brancos, Viños Tintos e Viños doutras Anadas. Nas categorías de Brancos e Tintos establécense 3 premios: Medalla de Ouro, Medalla de Prata e Medalla de Bronce. Na categoría doutras Anadas entréganse 3 Medallas de Ouro, pola cantidade de mostras participantes nesta categoría.
Técnicos do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra desprazaranse ás adegas participantes onde recollerán 3 mostras ao azar de cada viño de entre o stock da adega. Posteriormente un notario procederá ao embolsado, precintado e numerado das botellas, que permanecerán convenientemente custodiadas ata a celebración da Cata.
O panel de cata intégrano:
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España