Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra premia aos seus mellores viños na Gala Ribeira Sacra, Proxecto Común

30/06/2023

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra celebrou a XXVII edición da Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra. A precata e a cata tiveron lugar os días 29 e 30 deste mes no Parador de Turismo de Monforte de Lemos, cun panel de cata formado por: Luis Buitrón, Mercedes González, Jorge Luis Mazaira, Luis Miguel López, Bibiana Guerra, Luis Díaz, Julio Ponce, José Felícisimo, Rosa Domínguez e Aarón Álvarez. Posteriormente celebrouse a comida e gala de entrega de premios desta edición da cata co lema “Ribeira Sacra, Proxecto Común”. Participaron, nesta ocasión, 63 mostras de 26 adegas; 25 mostras corresponden a Viños Tintos, 12 mostras a Viños Brancos e 26 mostras a Outras Anadas. Despois da Cata Final deste venres resultaron premiados na XXVII Cata dos Viños de Ribeira Sacra os seguintes viños: Na categoría Viños doutras Anadas, entregáronse tres Ouros, que recaeron en:

  • Casa de Outeiro, de Terrazas de Outeiro Escudo
  • Don Cosme, de EDV 2015
  • Ibio, de Don Bernardino S.L.
Na categoría de brancos: 
  • Terceiro premio: Cuesta de los Olivos, de Finca Míllara
  • Segundo premio: Viña Vella, de SAT Virxen dos Remedios
  • Primeiro premio: Sollío, da adega Juan Alberto Álvarez Rodríguez
Na categoría de tintos, os premiados foron:
  • Terceiro premio: Acivro, de Adegas Salvadur
  • Segundo premio: Peza do Rei, de Adega Cachín
  • Primeiro premio: Ciudáseis, da adega María Gloria Alvarín Losada.
As autoridades presentes, representantes das diferentes administracións públicas, foron as encargadas de entregar os premios que consistiron en botellas de olería de Gundivós.

O presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, destacaba a importancia do acto de hoxe por ser a presentación do novo pleno do Consello Regulador ante o sector; “Para nós, e para min como presidente, é un acto importante por presentarnos ante adegueiros e viticultores que conforman a D.O. E para a propia Denominación que levamos 27 anos con esta celebración que recoñece o esforzo que fan por mellorar ano tras ano a calidade dos nosos viños, que están sendo recoñecidos a nivel internacional, pero tamén nos gusta recoñecernos entre nós mesmos e que sexa un impulso para a D.O. e as adegas que son galardoadas”.

Os catadores do panel de cata destacaron a calidade dos viños da pasada colleita:

Aarón Álvarez,
representante Asociación Gallega de Sumilleres aseguraba que, “Todos os viños da cata tiñan un nivel moi bo, excelente, foi unha cata bastante boa, sorprendeume algún blanco das outras anadas que estaba moi ben coa madeira integrada. Seguimos tendo eses viños con estrutura que os fai máis redondiños que noutras zonas”.

Mercedes González
, representante Vitislucus-Expertos Análise Sensorial e Enoturismo destacaba, “Nunha valoración global de Ribeira Sacra este ano, diría que moi homoxéneos, sorprendéronme os brancos, que seguen in crescendo e nos tintos e noutras anadas, vexo máis picos que o ano pasado. Atopo os doutras anadas bastante limpos, quedaron desterradas esas notas un pouquiño cárnicas. Creo que a selección de onte, hoxe estivo acertada. Estamos no ano da Ribeira Sacra, o outro día chegaron cargados de galardóns da Cata de Galicia, espero que teñamos acertado porque non hai premios para todos”.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: