A D.O. Ribeira Sacra aproxímase aos 5 millóns de quilos despois da segunda fin de semana de vendima oficial
25/09/2023
Despois da segunda fin de semana tras a data recomendada polo C.R.D.O.R.S. para o inicio da vendima, a D.O. Ribeira Sacra leva recolleitos 4.890.265 quilos. Da variedade maioritaria, Mencía, vendimáronse 3.675.218 quilos. As cantidades por variedades distribúense do seguinte modo:
Variedades tintas
- Mencía 3.675.218 quilos
- Garnacha 169.273 quilos
- Merenzao 66.806 quilos
- Brancellao 29.765 quilos
- Caíno tinto 26.022 quilos
- Tempranillo 26.708 quilos
- Sousón 24.532 quilos
- Mouratón 5.428 quilos
- Grao Negro 580 quilos
Variedades brancas
- Godello 691.040 quilos
- Albariño 96.271 quilos
- Treixadura 59.603 quilos
- Dona Branca 6.560 quilos
- Loureira 6.112 quilos
- Branco Lexítimo 4.287 quilos
- Torrontés 2.070 quilos
Das
95 adegas que vendiman este ano ao amparo da D.O. Ribeira Sacra, 29 terminaron a vendima, 59 adegas seguen vendimando e faltan 7 por empezar. Como anunciou, o pasado luns, o
Presidente do C.R.D.O.R.S., Antonio Lombardía, a actividade máis intensa na viña desenvolveuse durante esta semana, duplicando as cifras da pasada fin de semana. O estado sanitario e a calidade da uva que segue entrando en adega son óptimos e durante esta semana a climatoloxía acompañará para terminar a campaña.