Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra entrega os premios de Aosta e Antonio Lombardía celebra a súa primeira comida de Nadal do sector como Presidente

15/12/2023

A D.O. Ribeira Sacra celebraba este venres a súa tradicional comida de Nadal, un encontro de confraternidade na que se dá cita o sector do viño. Este encontro, que tivo lugar no Parador de Turismo de Monforte de Lemos, aprovéitase para facer entrega dos premios do Concurso Internacional “Mondial deas Vins Extremes”, que se celebrou en setembro no Valle d´Aosta (Italia).   Nesta edición do Concurso, a D.O. Ribeira Sacra convertíase na Denominación de Orixe máis galardonada a nivel mundial conseguindo 5 Gran Medallas de Ouro e 21 Medallas de Ouro.

Gran Medalla de Ouro
(de 93 ata 100 puntos)

  • Godello Regina Viarum 2022, Regina Viarum S.L. Sober
  • Godello Pazo de Maga 2022, Pazo de Maga S.L.U. Monforte de Lemos
  • Don Bernardino branco 2022, Don Bernardino. Sober
  • Viña Vella blanco 2022, SAT Virxen dos remedios. O Saviñao
  • Inseparables branco 2021, EDV 2015 SL. Quiroga
   Medalla de Ouro (de 89 ata 92,99 puntos)
  • Vía Romana do Camiño Mencía garda 2021, Adegas e Viñedos Vía Romana. Chantada
  • Pizarras y Esquistos 2020, Adega Ponte da Boga SL. Castro Caldelas
  • Godello Almalarga 2022, Alma das Donas S.L.U. Pantón
  • Mencía Garoubas 2021, Adega A Carqueixa. Monforte de Lemos
  • Mencía Garoubas 2020, Adega A Carqueixa. Monforte de Lemos
  • Mencía Don Xoan 2022, Adega Gullufre. Sober
  • Mencía Romeo Domain 2022, Adega Gullufre. Sober
  • Prómine 2022, Adegas Petrón S.L. Sober
  • Casa Moreiras Mencía 2022, Casa Moreiras. Pantón
  • Casa Moreiras Godello 2022, Casa Moreiras. Pantón
  • Mencía Don Bernardino Ibio 2020, Don Bernardino. Sober
  • Mencía Don Bernardino 2021, Don Bernardino. Sober
  • Mencía Don Bernardino 4ª Generación 2018, Don Bernardino. Sober
  • Mencía Don Cosme 2022, EDV SLU. Quiroga
  • Mencía Galanteiro 2022, José Luis Pérez Pérez. O Saviñao
  • Mencía Asolagados 2022, Pilares de Belesar S.L.U. O Saviñao
  • Finca Cuarta Consentida 2019, Finca Cuarta Bodegas y Viñedos
  • Finca La Capitana 2018, Regina Viarum SL. Sober
  • Mencía Regina Expresión 2020, Regina Viarum SL. Sober
  • Godello Regina Dona 2021, Regina Viarum SL. Sober
  • Mencía Val da Lenda 2022, Víctor Manuel Rodríguez López. Sober

O Mondial des Vins Extrêmes é o concurso enolóxico máis importante do mundo, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos extremos: altitude superior a 500 metros, pendente do terreo superior ao 30% (en zonas da D.O. Ribeira Sacra chégase ao 80%) ou sistemas vitícolas de cultivo en terrazas). A esta edición, a D.O. Ribeira Sacra presentaba 67 mostras de 28 adegas.

Esta era a primeira comida de Nadal da D.O.Ribeira Sacra con Antonio Lombardía como Presidente. Ademais de desexar Felices Festas a todo o sector e agradecer o trato recibido durante estes meses, na súa intervención repasou as principais accións levadas a cabo neste 2023 e avanzou proxectos para o 2024.

Estamos a facer unha aposta clara pola internacionalización e a formación. Queremos tamén mellorar a dixitalización das nosas adegas e a conectividade, para que a relación do Consello Regulador con adegas e viticultores sexa máis efectiva e dinámica e tamén a comunicación das nosas adegas cara ao exterior”, aseguraba Lombardía.

Así a D.O. Ribeira Sacra estará en Wine Paris & Vinexpo Paris 2024 do 12 ao 14 de febreiro e en Prowein en Düseldorf (Alemaña) do 10 ao 12 de marzo. Trabállase en ampliar os espazos expositivos neste tipo de feiras e na participación en novas citas de promoción exterior.

A nivel formativo faise un esforzo pola formación para competir en mercados internacionais, preparan formación WSET (Wine & Spirit Education Trust), cursos de Marketing Dixital e Comercio Electrónico e formación sobre Packaging. O enoturismo tamén se converte nunha área á que prestar especial atención con maior promoción para a Ruta do Viño e as súas actividades.  

“Este ano foi intenso para min como Presidente, renovamos vogalía na CECRV (Conferencia Española de Consellos Reguladores do Viño) e ostentamos a presidencia de ACRUAGA (Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e das IIXX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia)”,
aseguraba Antonio Lombardía, que para o 2024 sinalaba que se fará un importante labor de delimitación da D.O., “Imos iniciar a delimitación, deste xeito quedará claro onde se pode plantar e onde non en cada concello dos que integra a D.O. Ribeira Sacra”.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: