Imprimir y PDF

A colleita de 2015 foi cualificada como Moi Boa

26/02/2016

Hoxe, 26 de febreiro de 2016 no concello de Ribas de Sil (Lugo) pertencente á subzona de Quiroga-Bibei, tivo lugar a Cata de Cualificación da Colleita de 2015 de Ribeira Sacra.
Os expertos catadores que proceden de diferentes organismos e asociacións outorgaron unha puntación de 7,8 cualificando así a colleita de 2015 de MOI BOA.
Esta puntuación de 7.8, está só a dúas décimas da cualificación de excelente que se outorga cunha puntuación de 8.
Esta cualificación de Moi Boa para a colleita de 2015 de Ribeira Sacra é unha gran noticia para o conxunto de adegas que forman a denominación de orixe e enxalza a calidade dos viños que se elaboran baixo o amparo da denominación de orixe Ribeira Sacra; e confirma o bo facer das adegas e viticultores que integran a denominación de orixe.

O Panel de Cata estivo formado por nove catadores:

  • Waldo Carreiras Albo, experto en viticultura e enoloxía
  • Bruno Lovelle Fernández, membro do panel de cata do CRDO Ribeira Sacra
  • Carlos Losada Fernández, membro do panel de cata do CRDO Ribeira Sacra
  • Francisco Javier Rodríguez Medela, membro do panel de cata do CRDO Ribeira Sacra
  • Juan Anxo Fernández Martínez, membro do panel de cata do CRDO Ribeira Sacra
  • Humberto Loureiro Argullós, da Asociación de Catadoras Galleacia
  • Alfredo Devesa Seoane, da Asociación Vitislucus, expertos en análise sensorial
  • Luís Díaz Álvarez, xornalista de La Voz de Galicia
  • Xesús Verao Pérez, membro do panel de cata do CRDO Ribeira Sacra

Os comentarios dos catadores que formaron parte do Panel de Cata foron moi positivos, e sinalan que os viños da presente colleita serán de moi alta calidade.

A recollida de mostras para este Cata de Cualificación de Colleita comezou o pasado 8 de febreiro polos técnicos do Consello Regulador, que recolleron un total de dez mostras de dez adegas diferentes, dúas por cada unha das cinco subzonas que integran a denominación orixe Ribeira Sacra.






CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: