Imprimir y PDF

Un Ribeira Sacra na mesa de Obama

02/10/2013

Etiqueta Vino Peza do Rei

Obama celebrará o mes da Hispanidade cun viño tinto galego."Peza do Rei", un tinto da Ribeira Sacra, foi elixido para a cea de Gala do mes da Hispanidade que se celebrará o dous de Outubro en Washington. Trátase da primeira vez que un viño galego encha os vasos dun dos acontecementos sociais máis importantes da capital dos Estados Unidos.

A cea de gala do Congressional Hispanic Caucus (Asociación de congresistas e políticos hispanos dos EUA) é unha cita obrigada para a elite empresarial, política e económica do país. Dende hai 36 anos, todos os presidentes estadounidenses acoden a esta cita que conmemora a herdanza hispánica de Estados Unidos. Figuras como Nancy Pelosi, primeira muller presidenta da Cámara dos Representantes de EUA; Sonia Sotomayor, Xuíz da Corte Suprema de Estados Unidos, ou o Príncipe Felipe participaron nesta cita anual que nesta edición contará coa presenza de Barack e Michel Obama, ademais de desatadas figuras do espectáculo como Salma Hayeck ou Eva Longoria.

A gala do Congressional Hispanic Caucus converteuse en algo máis que un evento social, é tamén unha cita de gran relevancia gastronómica cuxos viños e pratos son meticulosamente analizados pola prensa norteamericana. Para Bodegas Cachín representa unha oportunidade única de exercer como embaixador dos viños galegos.

Adegas Cachín, que elabora "Peza do Rei", introduciuse hai cinco anos no mercado estadounidense con excelentes resultados: a súa colleita de 2008 obtivo 91 puntos na lista Parker, a lista de viños máis influente do mundo. Non obstante, para o consumidor deste país trátase dun caldo aínda descoñecido. Esta elección supón unha plataforma importante para que os viños da Ribeira Sacra alcancen un maior recoñecemento no mercado Norteamericano.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: