Imprimir y PDF

Resultados dos concurso "Distinciones Gallaecia 2014"

04/09/2014

A asociación de sumilleres Gallaecia concedeu un total de 105 distincións de entre 564 viños brancos e tintos que se presentaron a concurso das cinco denominacións de orixe galegas, batendo así o record en participación.

As adegas de Ribeira Sacra presentaron un total de 109 mostras de viño na Cata inicial que tivo lugar o pasado 21 de xullo na sala de catas do Consello Regulador.
A Cata Final celebrouse os días 1 e 2 de setembro na Casa Grande de Fuentemayor de Silleda, na provincia de Pontevedra. O panel da Cata Final estivo formado polos membros de Gallaecia e por técnicos dos Consellos Reguladores, premiou un total de 22 viños da denominación de orixe Ribeira Sacra, obtendo as viños de Ribeira Sacra o maior número de "Distincións", 18, na categoría de viños tintos.

Os premiados de Ribeira Sacra nesta edición de 2014 foron:

VIÑOS BRANCOS:

    • Abadía da Cova Albariño 2013  de Adegas Moure S.A.
    • As Glorias 2013 de Amedo S.L.
    • Vía Romana 2012 de Adegas e Viñedos Vía Romana S.L.
    • Viña Vella 2013 de SAT Virxe dos Remedios


VIÑOS TINTOS:
    • Abadía da Cova Barrica 2011 de Adegas Moure S.A.
    • Abadía da Cova de Autor 2011 de Adegas Moure S.A.
    • Algueira Brancellao 2012 de Algueira S.L.
    • Algueira Carballo Gallego 2011 de Algueira S.L.
    • Algueira Algueira Madialeva 2012 de Algueira S.L.
    • Algueira Algueira Pizarra 2011 de Algueira S.L.
    • Baluce Barrica 2012 de Jorge Feijoo González
    • Cruceiro 2013 de Ramón Marcos Fernández
    • Don Bernardino 2010 de Don Bernardino S.L.
    • Don Bernardino 2011 Don Bernardino S.L.
    • Don Bernardino Barrica Selección Especial 2009 Don BernardinoS.L.
    • Linaxe de Lupián 2013 Rosa María Pumar Rodríguez
    • Moure Tradición 2012 Adegas Moure S.A.
    • Noite Pecha 2011 de Adega Cachín S.C.
    • Proencia Barrica 2009  de Tomás Arias Fernández
    • Regina Expresión Barrica 2011 de  Regina ViarumS.L.
    • San Mamed 2013 de Rosa María Pumar Rodríguez
    • VR Vía Romana Barrica 2011 de Adegas e Viñedos Vía Romana S.L.


O Concurso de Viños "Distinciones Gallaecia" cumpre 16 anos coa marca de "Concurso Oficialmente Reconocido polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio". Durante todos estes anos, o concurso desta asociación foise consolidando como un dos mellores concursos de viños, non só en Galicia, se non tamén no resto do territorio nacional.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: