Imprimir y PDF

Ribeira Sacra a D.O. galega mellor puntuada por "The Wine Advocate" de Parker

07/01/2015

O coñecido catador para España da publicación "The Wine Advocate" de Robert Parker, Luis Gutiérrez outorga aos viños de Ribeira Sacra as mellores puntuacións de entre todos os viños galegos catados o pasado mes de outubro durante a súa visita ás cinco denominacións de orixe vitícolas galegas.

Resalta tamén a calidade e a diferenciación dos viños de Ribeira Sacra, asegura que esa particularidade que os diferencia os fai excelentes ou moi bos, e únicos nun mercado que cada vez ofrece máis variedade pero ao mesmo tempo é máis esixente.

Sobre as referencias catadas, que foron expresamente elixidas polo catador, máis da metade obteñen unha puntuación por enriba dos 90 puntos, cualificando así os viños de extraordinarios ou excelentes.

En documento adxunto pode consultarse a puntuación que obtivo cada un dos viños catados.

Descargas


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: