Imprimir y PDF

Un prestixioso Club de Xefes de cociña de Alemaña visita Ribeira Sacra

16/07/2015

Unha delegación do prestixioso Club de Xefes de cociña de Alemaña (www.chefheads.de) formada polo seu presidente o Sr. Guido Fritz e 15 membros deste coñecido grupo, acompañados por reporteiros dunha televisión alemá, visitaron no día de onte adegas e viñedos de Ribeira Sacra.
Tamén puideron catar os diferentes tipos de viño que se elaboran baixo a denominación de orixe, brancos e tintos.

Durante toda a visita estiveron acompañados polo técnico do Consello Regulador, Ruth Fernández Vidal, que os informou sobre os tipos de viño e as formas de elaboración que se dan en Ribeira Sacra. Tamén visitaron viñedos onde puideron comprobar a particularidade da viticultura de montaña e coñecer a singularidade da paisaxe e dos viñedos en bancais.

Dende hai un tempo o público alemán está moi interesado nos viños de Ribeira Sacra. Recentemente unha televión alemá realizou un documental sobre a paisaxe na denominación de orixe.
Durante esta visita, que estivo impulsada por Ternera Gallega, o grupo de xefes de cociña estivo acompañado por un grupo de reporteiros que gravan a visita e de xornalistas que relatan a viaxe para producir un programa de carácter gastronómico que se emitirá proximamente na televisión alemaña.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: