Imprimir y PDF

Luís Gutiérrez de "The Wine Advocate" cata os viños da denominación

01/03/2016

Luís Gutiérrez, catador para os viños de España da publicación estadounidense "The Wine Advocate" dirixida por Robert Parker, unha das publicacións máis influentes a nivel mundial, estivo esta mañá na sede do Consello Regulador para catar diferentes viños brancos e tintos de diferentes anadas e de diferentes adegas.

É a segunda vez que Luís Gutiérrez visita Ribeira Sacra e realiza unha cata, a vez anterior foi en outubro de 2014 e froito da súa cata publicou un extenso artigo na revista ?"he Wine Advocate".  
Nesta ocasión tamén visitará outras denominacións de orixe de Galicia e publicará o correspondente artigo a finais do próximo mes de abril.

Na súa segunda visita a Ribeira Sacra catou preto de 50 referencias diferentes, sobre todo da anada de 2014. As súas valoracións sobre a evolución dos viños amparados baixo a denominación de orixe foron moi positivas, e resalta o carácter dos viños que captan á perfección a paisaxe e o terruño de Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: