Imprimir y PDF

O Consello Regulador na Feira Internacional Prowein

11/03/2016

O Consello Regulador da Denominación de Orixen Ribeira Sacra estará presente con caseta propia na feira internacional Prowein que se celebra do 13 ao 15 de marzo na cidade alemá de Düsseldorf.
Ribeira Sacra estará no Pavillón de España, Hall 10, stand C126.  

Esta feira é unha oportunidade excelente para promocionar e dar coñecer os viños de Ribeira Sacra no mercado internacional onde os viños acollidos á denominación de orixe son cada vez máis demandados e valorados. O persoal do Consello Regulador que acode a esta cita internacional dará a coñecer os seus viños promocionais da nova anada xunto con diferentes marcas comerciais de distintas adegas (viños tintos, brancos e en barrica e de diferentes anadas).

Prowein é a feira profesional internacional de viño máis importante e de máis prestixio en todo o mundo, onde se dan cita viños de diferentes paises e acoden profesionais de todos os recunchos de Europa e doutros países. Espérase que visiten ProWein 2016 máis de 52.000 profesionais especializados de todo o mundo. Daranse cita nesta feira expertos en viños, enólogos, comerciais de empresas internacionais, persoal de sector da gastronomía e da hostalería, para facer negocios e establecer contactos.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: