Imprimir y PDF

Responsabilidade Social Corporativa


Código Ético

O noso Código Ético ten por obxecto establecer os valores e principios éticos que rexen a actuación da compañía, así como as pautas xerais da conduta que han de seguir, no cumprimento das suas funcións, todos os seus administradores, directivos, empregados e aqueloutras persoas cuxa actividade se someta expresamente do Código Ético.

Violar o Código Ético considérase un feito grave que entraña consecuencias para o infractor ou para quen sendo coñecedor non o comunica.

Ética e cumprimento

A ética é un valor fundamental no desenvolvemento do noso traballo, é un factor xerador de confianza que representa un auténtico selo de distinción que os nosos clientes e o mercado valoran de maneira extraordinaria.

En C.R.D.O. Ribeira Sacra esperamos que todos os nosos profesionais se comporten de acordo aos máis altos estándares éticos, rexéndose polo seu desexo de facer o correcto.

Para velar por este obxectivo, a dirección de C.R.D.O. Ribeira Sacra aprobou un Código Ético que orienta a todos os profeisonais sobre cal debe ser o seu modo de actuar ante situacións de difícil xestión ética e dispón dunha Canle Ética de comunicación e denuncia de posibles irregularidades cometidas no seo da compañía.

Canle Ética

A Canle Ética é unha ferramenta que permite comunicar, de maneira confidencial, aquelas actividades potencialmente irregulares que poidan supoñer un incumprimento do Código Ético ou a comisión dun delito na compañía.

En C.R.D.O. Ribeira Sacra consideramos a Canle Ética unha oportunidade de mellora da nosa organización, que permite detectar condutas contrarias aos nosos principios éticos e liquidar posibles dúbidas sobre situacións pouco claras ou ambiguas que poden comprometer os nosos principios e valores.

Accedo a canle ética do C.R.D.O. Ribeira Sacra aquí

CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.