Imprimir y PDF

Ribeira Sacra presenta os seus viños en Segovia

10/11/2014

O sábado día 8 de novembro con motivo da celebración do certame "Outono enolóxico" que se leva a cabo no Palacio Quintanar na cidade de Segovia, o Conselo Regulador da Denominación de Orixen Ribeira Sacra realizou unha presentación da denominación de orixe con cata e degustación dos diferentes viños que se elaboran baixo o amparo da denominación.

A presentación levouse a cargo polo Presidente da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, D. José Manuel Rodríguez González, que se encargou persoalmente de presentar os viños de Ribeira Sacra a todos os asistentes ao acto.
A cata e degustación dos viños estivo acompañada coa participación doutros produtos con denominación de orixe en Galicia, como son Queixo de Tetilla e Augardente de Galicia.

No acto de presentación tamén estivo presente o Director - Xerente da GDR Ribeira Sacra (Grupo de Desenvolvemento Rural) D. Martín Alemparte Vidal, que colaborou o presentación de Ribeira Sacra e acompañou o presidente da denominación.

Ademais da cata-degustación, o público asistente que foron unhas 70 persoas, puido coñecer todo o que representa Ribeira Sacra, resaltando que a Denominación de Orixe forma parte do CERVIM, organismo que acolle ás denominacións vitícolas europeas que realizan viticultura de montaña, polas características e situación dos viñedos, que supón unha gran dificultade no desenvolvemento da viticultura.

Tamén se destacou a importancia do patrimonio románico en Ribeira Sacra, que contén unha gran concentración de igrexas e mosteiros situados en lugares sorprendentes; a paisaxe que está moi ligada ao territorio e o incipinete turismo que se está a desenvolver cada vez con máis notoriedade.

A presentación foi todo un éxito. O público asistente resaltou a calidade e a particularidade dos viños de Ribeira Sacra, que para moitos eran descoñecidos aínda e tiveron a oportunidade de coñecelos de primeira man.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: