Imprimir y PDF

Presentación e Túnel do Viño en Lanzarote

19/11/2015

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra realizou o pasado día 17 unha presentación da denominación de orixe na illa de Lanzarote (Canarias), no coñecido restaurante "Sal y Pimienta".
A presentación inicial foi realizada polo presidente do Consello Regulador, D. José Manuel Rodríguez González, que explicou aos asistentes as particularidades do territorio en Ribeira Sacra, as características da viticultura de montaña, as variedades de uva, tipos de solo, clima, e os diferentes tipos de viño que se elaboran baixo o amparo da denominación de orixe.

Posteriormente realizouse o túnel do viño no que se presentaron 24 mostras de viño de diferentes marcas comerciais, de viños tintos e brancos, de diferentes anadas e pertencentes a 14 adegas acollidas á denominación.
Durante a realización do túnel, os viños de Ribeira Sacra puideron maridarse con Tenreira Galega elaborada de formas diferentes.

Os viños de Ribeira Sacra foron altamente valorados polos profesionais asistentes ao evento, que resaltaron a calidade dos mesmos, así como a súa frescura e naturalidade.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: