Os días 17, 18 e 19 de Maio celebrouse en Ferreira a XXVI edición da Mostra dos viños da Ribeira Sacra de Pantón.
O día 11 de Maio celebrouse o Día Movemento Viño D.O. Un brinde simultáneo a nivel nacional polos viños con Denominación de Orixe.
A fin de semana do 13 e 14 de Abril celebrouse a Feira do Viño de Amandi, a máis lonxeva da Denominación que este ano chegaba a súa 39º edición.
A Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), asociación que representa ás denominacións de orixe de viño, pechou o mes de marzo en Felanitx (Mallorca) o seu XXIII Asemblea Xeral, no marco dun programa de actividades organizado pola D.Ou. Pla i Llevant, en conmemoración do seu 20º aniversario. A reunión do máximo órgano de goberno de CECRV serviu para fixar os eixos de actuación da organización no presente exercicio.
José Manuel Rodríguez, Presidente da Denominación de Orixe fálanos sobre como Ribeira Sacra ten que adaptarse ó cambio climático.
O Presidente da D.O. fai balance da participación en Prowein
Os días 8, 9 e 10 de Marzo celebrouse a XXXVII Edición da Feira do Viño de Chantada con gran éxito de público. A Feira de Chantada é a primeira do circuito galego de feiras do viño.
O pasado 22 de febreiro o Centro Sociocultural de Paradela acollía a Cata de Cualificación da colleita 2018. Estas catas, que teñen carácter anual, teñen como obxectivo establecer unha valoración media da última colleita, para que o consumidor saiba como serán os viños que se atopará no mercado.
O día 16 de Febreiro a Ruta do Viño da Ribeira Sacra organizaba unha xornada de poda co título "O arte da Poda". Unha decena de persoas participaron desta iniciativa na que coñeceron as técnicas e beneficios dunha poda adecuada.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España