Imprimir y PDF

Entrevistamos a parte do Panel de Cata da XXV Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra

08/07/2019

Na XXV Cata dos Viños da D.O. Ribeira Sacra entrevistamos a algún dos membros do panel de cata para que nos desen a súa valoración xeral dos viños e da evolución da D.O. Ribeira Sacra.

María Isabel Mijares e García de Pelayo, fundadora e vicepresidenta da Unión Española de Catadores; vicepresidenta da Federación Internacional de Xornalistas e Escritores de Viño e membro da Real Academia Española de Gastronomía; coordinadora e directora da Guía Repsol dos Viños de España; fundadora e directora de Equipo Team S.L.

“Levan un camiño moi claro, empezaron por coñecer ben a zona, o adegueiro está concienciado de que a calidade está na viña; e ese microclima, ese chan tan diferencial, son esas inclinacións ao sol das súas terrazas tan diferentes nas beiras dos ríos. Realmente hirmanouse con esa viticultura heroica, non é só unha cuestión de paisaxe para sorprender, empezou a entender o que supón esa paisaxe e esas características que lle son propias á Ribeira Sacra.”

Vídeo-Entrevista a Isabel Mijares

Víctor Cortizo Fontán, Representante da Asociación Galega de Enólogos

“Os tintos teñen unha alma propia en Ribeira Sacra. Os Mencías de Ribeira Sacra sáense desa estandarización de viños, teñen moita identidade propia, moi ligados ao territorio. Son viños que están a defender o seu, non temos que imitar a ninguén, temos un potencial brutal coa nosa variedade que é moi boa, un terreo que dá moito traballo pero que produce estas uvas de excelente calidade. Para min é un hándicap positivo para Ribeira Sacra dispoñer dunha variedade de uva tan arraigada e un terreo tan bo para producir estes viños de alta calidade que non necesitan imitar a ninguén, que lle dá unha identidade moi persoal.”

Video-Entrevista a Víctor Cortizo Fontán

Francisco Sauco Sánchez-Casas, Presidente da Academia Estremeña de Gastronomía, Presidente do Foro de Academias Autonómicas de Gastronomía, Académico numerario da Real Academia de Gastronomía,
Membro de Xurados Nacionais e Internacionais de Cata.

“Hai que ensinar como se coida e elabora aquí o viño, como admiten e vixían as variedades de uva, paréceme que teñen outras denominacións moito que aprender. Son verdadeiramente mestres. E eu noutras catas doutras D.O. sempre falo de aquí porque estou convencido do traballo tan estupendo que se está facendo, está a coidarse moitísimo o viño.”

Vídeo-Entrevista a Francisco Sauco Sánchez-Casas

Ana María Martín Abild, Catadora pola Escola Española de Cata, Wine & Spirit Education Trust ( WSET), Diplomada en Turismo, Xurado de diversos concursos de viño nacionais e insulares, Co-propietaria de Winesoul Consulting.

“Sigo moito o que sucede a nivel internacional, tamén estou a estudar o diploma de Wine & Spirit en Londres e sigo aos Master Sommelier en EEUU e falan moito de Ribeira Sacra e de Canarias. Son dous territorios en España dos que se fala moitísimo fora e iso resulta moi interesante.”

Vídeo-Entrevista a Ana María Martín Abild


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: