Localización: Subzona de Amandi
Superficie: 2 hectáreas
Produción: 6.000 botellas
Variedades de uva: MencÃa, Brancellao, Sousón, Garnacha
A Adega Aborixe está situada na freguesía de San Xoán de Barantes, no lugar de Pereira de Sober, Lugo. Xa que logo, pertenece s Subzona de Amandi na Ribeira Sacra.
A Pereira é un dos primeiros casais que no século IX recibe o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, froito da doazón que del fai o crego da parroquia antedita. No mesmo documento, tamén son entregados os igrexarios de Bolmente e Xabrega.
O nome ben pode ter que ver coa árbore (o máis probábel) como tamén coa pedra, que en forma de laxa en diferentes terrazas forma os aliceres das casas.
Nas recentes reformas e restauracións que acometemos, recollemos cantidades importantes de tégulas e mesmo cerámica desa época, restos de muiños castrexos e, nun dos frontais da parte máis moderna da casa, unha cabeza castrexa (dos poucos exemplares que hai entre nós). Os elementos referidos foron usados como recheo na construcción das paredes.
De 2006 a 2010 xa elaboramos, daquela como Adega Lobeiras, viño dentro da D.O.
A nosa proposta de vitivinícola quere ser, é sumamente respectuosa coa tradición, coa historia da casa (parte das terras doadas aos monxes nese s.IX eran viñas), co noso pasado prerromano acreditado na contorna, máis tamén co concepto de viticultura extrema (como é a das nosas ribeiras) e unha elaboración coidada, que permita levar á botella un viño fiel en extremo ao terrón do que procede.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España