Esta adega situada en Lamas de Arriba, Bulso (Sober) construiuse rehabilitando e transformando as ruinas dunha antiga adega que data de finais do século XVIII, respectando a sua fisonomía orixinal, sendo a nova construción acorde co estilo da antiga.
Comenza a comercializar o seu viño Cardenal Rodrigo de Castro no ano 2000, percurando utilizar unha alta porcentaxe de viñedo propio ou mercando uvas en viñas seleccionadas na subzona de Amandi.
Premios:
- 2012 Distinguido Gallaecia Cardenal Rodrigo de Castro colleita 2011
- 2010 XVIII edición do Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta (medalla de ouro)
- 2008 1º premio VIII CONCURSO DE VIÑOS TINTOS GALEGOS DE BILBAO
- 2008 16ème CONCOURS INTERNATIONAL DES VINS DE MONTAGNE, mención de honra
- 2007 3 premio VII CONCURSO DE VIÑOS TINTOS GALEGOS DE BILBAO
- 2006 Terceiro Premio na VII edición cata concurso viños tintos galegos en Euskadi
- 2006 Distinguido Asociación Sumilleres Gallaecia, colleita 2005
- 2006 Primeiro premio cata viños Ribeira Sacra, colleita 2005
- 2005 Primeiro premio Feira do Viño de Amandi, colleita 2004
- 2005 Premiado no XIV concurso internacional viños de montaña de Aosta, colleita 2004
- 2004 Premiado no XIII concurso internacional viños de montaña de Aosta, colleita 2003
- 2003 Premio Gallaecia
- 2001 Medalla de Prata no concurso Internacional de Viños de Montaña en Aosta - Italia.
- 2002 Diploma no Concurso Internacional de Viños de Montaña en Aosta - Italia.
- 2002 Premiado na Feira do Viño de Amandi en Sober.