Imprimir y PDF

Alouviño S.L.

 Fondo de Vila - Líncora CP: 27514 Chantada (Lugo)
Web
Email
 667 396 548

Persoa de contacto: Gema Campos Prieto

Localización: Subzona de Chantada

Superficie:

Produción: 8.500 botellas

Variedades de uva: Mencía, Garnacha, Loureira, Treixadura, Godello, Albariño

22º

Albarda

Serán

Ukiyo

Somos unha pequena adega familiar moi nova (desde 2023), pero cunha longa historia de recordos vitivinícolas xa que nacemos na Ribeira Sacra.

A nosa forma de traballar está orientada a coidar os viñedos dunha forma manual e o menos daniña posible para o medio ambiente. Tentamos sempre respectar a forma orixinal da leira e coidamos as cepas de maneira sostible, mantendo o equilibrio entre avance e tradición.

Todos os nosos viños, tanto novos como de barrica, van ser completamente distintos dependendo da súa parcela de procedencia.

Queremos contar unha historia diferente con cada unha das nosas marcas e transmitir todo o agarimo e a maxia que desprende a nosa terra. Tentamos crear acompañantes perfectos para diferentes momentos e situacións, así que os nosos viños están pensados en detalle centrándonos nese obxectivo desde a vide ata a etiqueta.

Premios

    22º (2023) - Vide Gran Ouro XLII Feira do Viño de Chantada
    Serán (2023) . Ouro na Guía Paadín 2025


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.