Imprimir y PDF

Grupo Peago S.L.

Grupo Peago S.L.
 Sequeiras, 1 - Camporramiro CP: 27515 Chantada (Lugo)
Web
Email
 982 446 238 // 692 112 716 // 944 732 516 // 639 223 175
Fax:  944 120 227
Persoa de contacto: Francisco Varela Montes / Julia Miragaya González

Localización: Subzona de Chantada

Superficie: 12 Hectáreas

Produción: 85.000 litros

Variedades de uva: Mencía, Treixadura, Godello

Besos de Laura

Caricias de Sara

Condado de Sequeiras

Esperón

En plena Ribeira Sacra e rodeada dun ámbito privilexiado para o cultivo dos viñedos, encóntrase situada a adega Condado de Sequeiras. Foi fundada no ano 2.003, por un grupo de empresas denominado Grupo Peago, concienciada en elaborar un produto de calidade, baseado nun traballo meticuloso dende a propia cepa, pasando polo proceso de elaboración e finalizando cunha excelente presentación do viño.

A maior parte dos nosos viñedos están formados por cepas de máis de 80 anos, e encóntranse situados nunha paraxe de extraordinaria beleza nun val a beiras do río Miño. Os viñedos encóntranse graduados en terrazas de pequenas dimensións e están encravados na marxe esquerda do río Miño, onde están bañados polo sol durante todo o día o que, unido ao microclima da zona, propicia a maduración óptima da uva.

A adega é un edificio de nova construción de tres plantas cunha torre central que lle achega outras dúas plantas adicionais. Está situada na pequena aldea de Sequeiras, e dende ela poden considerarse unhas espectaculares vistas ao río Miño e o seu val.

PREMIOS RECIBIDOS
Viño Tinto Barrica:

  • "INTERNATIONAL WINE GUIDE 2013" Medalla de Prata co Tinto Barrica 2010
  • "XXXI FEIRA DOMINGO VIÑO DE CHANTADA 2013". Segundo Premio co Tinto Barrica 2010.
  • "GUÍA DE VIÑOS 2013". Diploma de Prata ao Tinto Barrica 2007.
  • "THE BEST GALICIAN WINES" Houston 2012. Primeiro Premio co Tinto Barrica 2007.
  • "GUÍA DE VIÑOS 2012". Diploma de Prata ao Tinto Barrica 2007.
  • "XXIX FEIRA DOMINGO VIÑO DE CHANTADA" Lugo 2011. Segundo Premio co Tinto Barrica 2007.
  • "GUIA DE VIÑOS CATAVINUM". Vitoria 2010. Medalla de Prata co Tinto Barrica 2006.
  • "DISTINCIÓN GALLAECIA 2009". Primeiro Premio ao Tinto Barrica de 2006.
  • "VIÑO EXCELENCIA 2009". Ao Tinto Barrica de 2006.
  • "IX CATA DE TINTOS GALEGOS EN EUSKADI 2009". Terceiro Premio ao Tinto Barrica 2006.
Viño Tinto Novo:
  • "21st INTERNATIONAL MOUNTAIN WINE COMPETITION CERVIM 2013" Medalla de Prata co Tinto Mencía de 2012.
  • "INTERNATIONAL WINW GUIDE 2013" Medalla de Bronce co Tinto Mencía 2011.
  • "XXIX FEIRA DOMINGO VIÑO DE CHANTADA" Lugo 2011. Primeiro Premio co Tinto Mencía 2010.
  • "DISTINCIÓN GALLAECIA 2010" á anada de 2009.
  • "GUÍA DE VIÑOS CATAVINUM" Vitoria 2010. Medalla de Bronce co Mencía 2008.
  • "DISTINCIÓN GALLAECIA 2009" á anada de 2008.
  • "CHALLENGE INTERNACIONAL DU VIN 2007" Francia. Medalla de Bronce Mencía 2005.
Viño Branco:
  • "INTERNATIONAL WINE GUIDE 2013" Medalla de Bronce co Tinto Branco 2012
  • "CHALLENGE INTERNATIONAL DU VIN 2013" Burdeos 2013. Primeiro Premio en branco 2012.
  • "XXXI FEIRA DOMINGO VIÑO DE CHANTADA" Chantada 2013. Segundo Premio ao Branco 2012. "THE BEST GALICIAN WINES" Houston 2012. Terceiro Premio co Branco 2011. "GUÍA DE VIÑOS 2013". 11/12/2012. Diploma de Prata ao Branco 2011. "SELECCIÓN 2009". Medalla de Bronce ao Branco 2007.
  • "SELECCIÓN 2008". Medalla de Bronce ao Branco 2006. "CHALLENGE INTERNATIONAL DU VIN 2007" Francia. Medalla de Bronce ao Branco 2005.

CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.