Imprimir y PDF

Cata Ribeira Sacra, o viño deste Nadal

04/12/2020

A D.O. Ribeira Sacra ten en marcha a campaña “Ribeira Sacra, o viño deste Nadal”. Ademais do concurso de fotografías que se está desenvolvendo na fanpage da Denominación, as próximas actividades serán as catas virtuais que imparte a sumiller, Mercedes González Rodríguez.

As catas desenvolveranse por streamig (Zoom, Youtube, Facebook, Instagram) os xoves 10 e 17 de decembro a partir das 19.00 horas. A participación na cata é aberta e de balde, pero é necesario inscribirse no correo comunicacion@ribeirasacra.org. Unha vez inscritos obterán a ligazón de Zoom e das redes sociais para poder seguir a cata e deixar as súas preguntas ou comentarios sobre cada viño.

O xoves 10 ás 19.00 h cataranse (inscricións ata 24 horas antes indicando que viño dos que participan é o que adquiriu o participante):

  • Asolagados godello 2019 de Pilares de Belesar. Contacto: 696 857 016, fincabaleiroportela@hotmail.es
  • Imbrice blanco Summum 2019 de Rectoral de Gundivós. Contacto: 626 966 280, rectoraldegundivós@yahoo.com
  • Cruceiro Mencía 2019 de Ramón Marcos Fernández
  • Almanova Mencía 2019 de Alma das Donas
  • Diego de Lemos Mencía 2019 de Esther Teijeiro. Contacto: 636 328 416, mairaratonfer@gmail.com
  • Peza do Rei Mencía 2019 de Adega Cachín
  • Regina Viarum Mencía 2019 de Regina Viarum
  • Tolo do Xisto Mencía 2017 de Tolo do Xisto. Contacto: 667 797 177, info@tolodoxisto.com
  • Vía Romana barrica Mencía 2017 de Vía Romana
  • Cuesta de los Olivos Mencía 2018 de Finca Míllara
O xoves 17 a las 19.00 h cataranse (inscricións ata 24 horas antes indicando que viño dos que participan é o que adquiriu o participante):
  • Finca Cuarta godello 2019 de Rubén Moure. Contacto: 982 178 852, calidad@priordepanton.com
  • Brandán godello 2019 de Algueira
  • Décima Mencía 2019 de José Manuel Rodríguez González. Contacto: 617 372 205
  • Casa Moreiras Mencía 2019 de Casa Moreiras
  • Adega dos Beizos Mencía 2019 de Óscar González Rodríguez. Contacto: 649 550 217, oscarinar@gmail.com
  • Mouro Mencía 2019 de Belarmino Compañía de Vinos
  • Rectoral de Amandi Mencía barrica 2017 de Rectoral de Amandi
  • Muras do Fortes Mencía 2019 de J. Antonio Fortes López. Contacto: 656 961 683, nairax@hotmail.com
  • Saíñas Mencía 2019 de Javier Fernández. Contacto: 670 243 735, javier.fdez@hotmail.com
  • Sete Tolos barrica Mencía 2017 de Víctor Manuel Rodríguez. Contacto: 629 679 639, info@valdalenda.com

Os viños para catar poden ser adquiridos en adega, tendas especializadas, supermercados ou a través de internet; na web de cada adega ou a través da cesta de compra á que se pode acceder desde a web da D.O. Ribeira Sacra. Comparte desde a casa O Sabor dunha Paisaxe. Os vídeos destas catas en directo quedarán despois colgados nas diferentes redes desde as que se emitirá a cata.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.