Imprimir y PDF

Este sábado, 13 de maio, 38 Denominacións de Orixe de Viño celebramos o Día Viño D.O.

10/05/2023

Chega o Día Viño D.O. 2023, unha cita anual, fixada o segundo sábado de maio, na que as denominacións de orixe de viño do noso país organizan diferentes actividades en lugares emblemáticos dos seus territorios que teñen, como acto central, un brinde colectivo e simultáneo ás 13.30h (ás 12.30h, en Canarias).  

A D.O. Ribeira Sacra súmase este ano á acción para o celebrar o Día Viño D.O. no Centro do Viño da Ribeira Sacra. O Presidente da D.O. Ribeira Sacra, Antonio Lombardía, asegura que, “O 13 de maio brindamos polo traballo que facemos todos cada día para manter o territorio que habitamos, enxalzamos o viño con D.O. que leva o nome da nosa terra e do noso esforzo por todo o mundo”.  

Esta celebración ten un carácter festivo e reivindicativo. Por unha banda, busca achegar á xente un dos produtos con maior calidade e prestixio do noso país, o viño con denominación de orixe. E por outro, cada ano permite reivindicar aspectos esenciais sobre o que supoñen, o que significan e o que achegan as denominacións de orixe de viño ás zonas rurais. “Denominacións de orixe, patrimonio colectivo” é o leit motiv do Día Viño D.O. 2023. Con el, preténdese dar a coñecer que detrás dunha denominación de orixe hai un patrimonio para a zona e para os municipios que a integran que se traduce en persoas, produto e territorio. As persoas achegan saber-facer, vocación, paixón.... Tras o produto, o froito dunha terra e dun coñecemento acumulado durante décadas, que xera ingresos que quedan na zona e dinamizan a súa economía. E tras o territorio, unha paisaxe e unhas condicións naturais e históricas únicas para a produción de uva e para a elaboración de viño.  

Este ano vai ser a edición con máis denominacións de orixe de viño de cantas celebráronse ata o de agora (2017, 2018, 2019 e 2022 –os anos 2020 e 2021 convocáronse senllos brindes en liña, por mor da pandemia–). Son 38 as denominacións de orixe de viño que participan no Día Viño D.O. 2023, superando as 36 que o celebraron o ano pasado e que ata o de agora ostenta o récord.

O Día Viño D.O. naceu hai 7 anos cunha aspiración que segue vixente: sementar a semente para que se declare oficialmente un Día do Viño no noso país e lograr así que este sector teña, anualmente, unha data coa que visibilizar ante a sociedade o que supón e o que achega o viño ás zonas rurais, ás súas xentes e ao conxunto do país. Trátase, ademais, dunha pretensión apoiada por unha proposición non de lei aprobada no Congreso dos Deputados en 2017, que insta o Goberno a declarar o Día do Viño. Dita proposición foi presentada a proposta de CECRV e logrou o respaldo maioritario dos grupos parlamentarios.  

As 38 denominacións de orixe de viño que participan no Día Viño D.O. 2023 son: Alicante, Almansa, Binissalem, Bullas, Calatayud, Campo de Borja, Cariñena, Catalunya, Cigales, Condado de Huelva, Jerez-Xérès-Sherry, Jumilla, La Mancha, Lanzarote, León, Málaga, Manchuela, Manzanilla-Sanlúcar de Barrameda, Monterrei, Montilla-Moriles, Navarra, Pla i Llevant, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribera del Guadiana, Rioja, Rueda, Sierras de Málaga, Somontano, Tacoronte-Acentejo, Toro, Txakolí de Álava, Txakolí de Bizkaia, Uclés, Utiel-Requena, Valencia, Vinos de Madrid y Yecla. Todas elas brindarán á vez, este sábado, 13 de maio, ás 13.30h (12.30h en Canarias), polo viño D.O., polos valores que transmite (diversidade, calidade, autenticidade, coidado e respecto polo saber facer local e polo medio natural, arraigamento e recoñecemento do medio rural, goce, cultura…) e polo patrimonio colectivo que hai detrás de cada unha.



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: