Imprimir y PDF

O potencial enoturístico da Ribeira Sacra a debate o 23 de novembro na Adega Algueira

17/11/2023

A Adega Algueira da D.O. Ribeira Sacra, subzona de Amandi, vén de ser recoñecida na VIII edición del concurso International Change Industry Awards, como a Mellor Experiencia Enoturística de España, galardón que premia o achegamento do viño ao gran público.

Con estes antecedentes a adega é o lugar escollido para acoller unha charla coloquio que leva por título, “A Ribeira Sacra como destino enoturístico de excelencia”. O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Monforte de Lemos organiza esta cita que conta coa colaboración da D.O. Ribeira Sacra.

Así, o xoves, 23 de novembro, de 11:00 a 14:00 desenvolverase unha mesa coloquio na que se tratará de identificar nichos de mercado para o enoturismo na Ribeira Sacra, centrándose na innovación, na colaboración e na procura da excelencia. O obxectivo é involucrar ás adegas na orientación cara un turismo de calidade centrado no enoturismo e identificar oportunidades de emprendemento neste sector.

A inscrición farase a través deste enlace. A actividade desenvolverase conforme ao seguinte programa:

  • 11:00h Recepción de asistentes e benvida
  • 11:15h Presentación do Polo de emprendemento e apoio ao emprego
  • 11:30h Mesa Coloquioas empresas participantes contarán a súa experiencia no enoturismo e debaterán diferentes temas. Participantes:
  1. D.O. Ribeira Sacra (moderador)
  2. Adega Algueira
  3. Ponte da Boga
  4. Vista Sacra + Adega Castrofiz + Finca Quinteliña
  5. Enoturismo Galicia
  6. Mais que románico
  7. Terras Gauda 
  8. Entre Vides
  • 12:30h Pausa-café
  • 13:00h Dinámica de proposta de solucións ás necesidades identificadas na mesa coloquio
  • 13:45h Exposición das conclusións de cada mesa de traballo
  • 14:00h Peche da xornada


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.