A Denominación de Orixe Ribeira Sacra continúa a avanzar en innovación e sostibilidade coa realización dunha proba piloto de transporte de uva mediante drons. O ensaio levouse a cabo a pasada semana en Finca Millara, no concello de Pantón.
O proxecto forma parte dunha iniciativa coordinada entre a D.O. Ribeira Sacra e ESCAI para explorar solucións que optimicen os procesos de vendima en zonas de difícil acceso, reducindo o impacto ambiental e mellorando a eficiencia do traballo nos viñedos en pendente.
Durante a proba, un dron de gran capacidade realizou varios voos experimentais transportando caixas de uva dende o viñedo ata o punto de recollida, simulando as condicións reais de vendima en bancais. A operación completouse con éxito, confirmando a viabilidade técnica do sistema en contornos de montaña.
Esta iniciativa reforza o compromiso da D.O. Ribeira Sacra coa innovación aplicada ao territorio, buscando compatibilizar a preservación da paisaxe vitivinícola co uso responsable de novas tecnoloxías que poidan facilitar o relevo xeracional e a sostibilidade do traballo nas viñas.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España