A Denominación de Orixe Ribeira Sacra participa como Viño Oficial e Patrocinadora principal do IV Campionato de Tapas e Petiscos de Galicia – Ribeira Sacra 2025, un evento organizado pola Academia de la Tapa y del pintxo en colaboración con Cociña Ourense. Celebrase hoxe e mañá, 20 e 21 de outubro, no Mosteiro de San Pedro de Rocas, en Esgos (Ourense), un dos enclaves máis singulares e emblemáticos do territorio.O evento reúne profesionais da gastronomía galega que competirán coa creación de tapas e petiscos de autor, combinando produto local, innovación culinaria e tradición. Durante as dúas xornadas, os viños da DO Ribeira Sacra estarán presentes tanto nas degustacións como nos maridaxes oficiais do certame.A participación da Denominación de Orixe como patrocinadora reforza a súa aposta pola excelencia gastronómica, a promoción do territorio e a difusión dos valores que unen viño, patrimonio e cultura culinaria. Esta colaboración estratéxica sitúa á Ribeira Sacra como un actor clave na posta en valor da gastronomía galega contemporánea.A elección do Mosteiro de San Pedro de Rocas como sede do campionato simboliza a conexión entre paisaxe, historia e identidade, elementos que definen tamén a esencia dos viños da Ribeira Sacra.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España