A Ribeira Sacra volve recibir á especialista en viños Beth Willard, colaboradora habitual de Tim Atkin MW, durante os días 4, 5 e 6 de decembro. Willard xa visitou a Denominación de Orixe o pasado mes de novembro e, froito daquela viaxe, publicou as súas valoracións no recoñecido informe anual de Atkin, contribuíndo a potenciar a visibilidade dos nosos viños e adegas.Nesta nova estadía visitará 16 adegas pertencentes a distintas subzonas da D.O., combinando encontros con proxectos que xa coñecía en 2024 con outros que descubrirá por primeira vez. Ademais, este venres participou nunha cata técnica na sede do Consello Regulador, na que se avaliaron 10 viños procedentes de 3 adegas seleccionadas.Con iniciativas como esta, o Consello Regulador segue fortalecendo a presenza dos viños da Ribeira Sacra nos mercados internacionais, situándoos no lugar que lles corresponde pola súa calidade, singularidade e traxectoria vitivinícola.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España