Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra participa por segundo ano na Barcelona Wine Week cun túnel do viño propio

28/01/2026

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo na Barcelona Wine Week (BWW), que se celebrará do 2 ao 4 de febreiro no recinto feiral de Montjuïc. A presenza da D.O. enmárcase dentro do espazo da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), reforzando a proxección conxunta dos viños galegos nun dos principais encontros profesionais do sector vitivinícola.Como acción destacada, Ribeira Sacra contará novamente cun túnel do viño propio, concibido para ofrecer a profesionais, distribuidores, prescritores e medios especializados unha visión ampla do territorio, as súas variedades e os diferentes estilos de elaboración.Nesta edición presentarase unha selección de 39 viños amparados pola denominación, composta por 29 tintos, 8 brancos e 2 rosados. A mostra reflicte a diversidade produtiva da D.O., marcada pola viticultura en pendente, a variedade de microclimas e solos, e a personalidade de variedades autóctonas como Mencía, Godello ou Merenzao, entre outras.A Barcelona Wine Week consolidouse como un punto de encontro clave para adegas e denominacións de orixe, favorecendo o contacto directo con compradores nacionais e internacionais, así como con profesionais da distribución, a restauración e a comunicación especializada.A participación neste foro forma parte do calendario anual de accións de promoción exterior do Consello Regulador, orientadas a manter unha presenza activa nos principais escaparates profesionais do sector.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.