Imprimir y PDF

35 adegas seguen vendimando na D.O. Ribeira Sacra cando levan recolleito 3.496.411 quilos

25/09/2020

Ás portas da última fin de semana de setembro, das 93 adegas acollidas á Denominación que vendiman nesta campaña, 58 xa completaron os traballos, 35 adegas están vendimando e non queda ningunha adega por comezar, cando o ano pasado a 30 de setembro aínda había adegas por comezar coa vendima na D.O.

A data 24 de setembro levan recolleitos 3.496.411 quilos, que por variedades distribúense do seguinte modo:

Variedades tintas

  • Mencía 2.809.318 quilos
  • Garnacha 82.783 quilos
  • Merenzao 51.022 quilos
  • Caíño 26.432 quilos
  • Brancellao 25.461 quilos
  • Sousón 24.976 quilos
  • Tempranillo 19.497 quilos
  • Mouratón 3.365 quilos
  • Grao Negro 50 quilos
  Variedades brancas
  • Godello 338.708 quilos
  • Albariño 62.789 quilos
  • Treixadura 35.514 quilos
  • Dona Branca 6.653 quilos
  • Branco Lexítimo 4.272 quilos
  • Torrontés 3.060 quilos
  • Loureira 2.511 quilos

Ademais da prevista diminución da colleita desta campaña, a uva ten un estado sanitario óptimo e os traballos séguense desenvolvendo con todas as medidas necesarias para a prevención da Covid19.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.