Imprimir y PDF

Premios da Cata dos Viños de Galicia na D.O. Ribeira Sacra

13/11/2020

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acollía esta tarde a entrega dos premios da XXXII edición da Cata dos Viños de Galicia, aos viños da D.O. Ribeira Sacra. Para cumprir os protocolos sanitarios ante a pandemia da Covid19, representantes da Consellería de Medio Rural trasladáronse ata a Ribeira Sacra a entregar os recoñecementos.

Así, á espera de que o día 19 se coñeza, na cidade da cultura, a identidade do mellor viño branco e do mellor viño tinto de Galicia neste 2020, os viños premiados na D.O. Ribeira Sacra foron:

  • Acio de Ouro tinto: Prómine, de Bodegas Petrón S.L.
  • Acio de Prata tinto: Peza deo Rei de Adega Cachín S.L.



Tres viños da D.O. Ribeira Sacra foron recoñecidos como os mellores de Galicia nas categorías Viños de Colleiteiro e Pequenas Adegas; e Viños de Elaboracións con Madeira.
  • Acio de Ouro tinto Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de Colleiteiro e Pequenas Adegas.
  • Acio de Ouro tinto, Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira
  • Acio de Prata tinto, Tradición de Adega Vella, Jorge Feijoo González, na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira

Premiados D.O. Ribeira Sacra na Cata dos Viños de Galicia 2020

O panel de cata formábano 14 catadores que fixeron cata cega de 348 mostra de viños de toda Galicia. Correspondían á D.O. Ribeira Sacra 70 mostras de 30 adegas. No acto de entrega recoñeceuse o valor secular dos adegueiros e a excelencia do seu traballo. Da D.O. Ribeira Sacra destacouse a vendima “in extremis” e o traballo de adegueiros e viticultores como un proceso artesanal cheo de amor pola viticultura.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: