Imprimir y PDF

Prómine Singular da D.O. Ribeira Sacra elexido mellor viño tinto de Galicia

19/11/2020

Na XXXII edición da Cata dos Vinos de Galicia, o viño Prómine Singular de Bodegas Petrón da D.O. Ribeira Sacra recolleu este xoves o Acio de Ouro ao mellor tinto de Galicia. Na entrega destes premios que se celebraba na cidade da cultura, o Presidente da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, deixaba unha mensaxe de unidade, “Debemos manternos traballando unidos e con ilusión por seguir adiante.”

A pasada semana xa recibiran premios desta XXXII edición como os mellores de Galicia, 3 viños da D.O. Ribeira Sacra:

  • Acio de Ouro tinto Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de Colleiteiro e Pequenas adegas.
  • Acio de Ouro tinto, Acivro de Adegas Salvadur S.L. na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira 
  • Acio de Prata tinto, Tradición de Adega Vella, Jorge Feijoo González, na categoría de Viños de Elaboracións con Madeira

Ademais dos premios a nivel galego, dentro da D.O. Ribeira Sacra resultaran premiados:
  • Acio de Oro tinto: Próminede Bodegas Petrón S.L.
  • Acio de Plata tintoPeza deo Rei de Adega Cachín S.L.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.