Imprimir y PDF

Préstamos de campaña garantidos para adegas

24/11/2020

No Diario Oficial de Galicia do día 20 de novembro publícase a orde que regula o procedemento para o recoñecemento a adegas acollidas a D.O. do dereito a préstamos de campaña no ano 2020 garantidos polo instrumento financeiro de xestión centralizada FEADER 2014- 2020. 

Estes préstamos poderán destinarse ao pagamento da uva adquirida na campaña 2020, así como, no caso de procesado de uvas de produción propia, a financiar o capital circulante de explotación. O prazo de solicitude remata o día 21 de decembro.

Os préstamos, que deberán asinarse cunha das entidades bancarias adheridas a este instrumento, terán unha duración total de 5 anos con un ano de carencia, e o tipo de xuro ao que se formalizarán será o EURIBOR a un ano máis dous puntos. A comisión de apertura será, como máximo, do 1% do importe do préstamo, e o importe máximo do préstamo garantido por beneficiario non poderá superar 200.000 €.  

Dentro da documentación que terá que presentar coa súa solicitude, figurará a seguinte: 

a) Documentos acreditativos da personalidade do solicitante (no caso de persoas xurídicas deberase presentar unha copia das escrituras ou documento de constitución). 
b) Balance e contas de resultados dos dous últimos anos no caso das sociedades e, no caso de persoas físicas, declaración da renda dos últimos dous anos. 
c) Certificado actualizado do Consello Regulador acreditativo da súa inscrición como elaborador de viño na denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida correspondente, así como de que procesou uva nesta campaña controlada polo Consello Regulador.  
d) No caso de procesado de uva de produción propia: 

  • Certificado actualizado do Consello Regulador acreditativo da superficie de viñedo inscrita na denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, así como de que realizou colleita nesta campaña controlada polo Consello Regulador. 
  • Declaración da uva producida na campaña 2020 
e) No caso de que o préstamo teña por obxecto pagar a uva adquirida a terceiros, é requisito imprescindible que a adega dispoña dos contratos escritos establecidos na Lei 12/2013 de medidas para mellorar o funcionamento da cadea alimentaria. Polo que será necesario dispoñer da seguinte documentación:
  • Relación dos contratos de compra de uva na campaña 2020, e fotocopia dos mesmos. 
  • Declaración dos prezos medios pagados por variedade de uva adquirida nos 5 últimos anos. 
Para facilitar a xestión desta iniciativa, a Consellería do Medio Rural ten aberta unha canle de colaboración coas distintas Denominacións de Orixe, nas que tamén se pode solicitar información adicional.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.