Imprimir y PDF

De que che gusta acompañar o teu Ribeira Sacra?

30/11/2020

Entre o 1 de decembro e as 20:00 horas do 15 de decembro podes enviarnos a túa foto ao concurso “De que che gusta acompañar o teu Ribeira Sacra?”   Abre a túa botella de viño da D.O. Ribeira Sacra e móstranos de que che gusta acompañalo: unha comida especial, unha persoa, unha película, unha paisaxe, un lugar, unha afección, unha canción…

Pode participar quen o desexe dentro do territorio español enviando unha única fotografía.

As fotos enviaranse por Whatsapp ao teléfono 647 59 57 47 durante a primeira quincena de decembro. As fotos deben de incluír, como único requisito, unha botella dun viño da D.O. Ribeira Sacra e o teu acompañamento preferido para ese viño. As fotos recibidas publicaranse en Facebook cos hashtags #OViñodesteNadal #ElVinodeestaNavidad #EstaNavidadpideRibeiraSacra #RibeiraSacracon #GústameRibeiraSacracon   As 3 fotos que máis “Me gusta” reciban en Facebook antes das 23.00 do día 15 de decembro obterán premio. O mércores, 16 de decembro, publicaranse os gañadores.

As fotos máis votadas recibirán os seguintes premios:

  • Caixa de 6 botellas do viño da D.O. Ribeira Sacra + Comida ou cea (para dúas persoas) nun restaurante do Roteiro do Viño de Ribeira Sacra.
  • Caixa de 3 botellas do viño da D.O. Ribeira Sacra + Promocionais da D.O. + Aloxamento dunha noite e almorzo (para dúas persoas) nun establecemento do Roteiro do Viño de Ribeira Sacra.
  • Caixa de 3 botellas do viño da D.O. Ribeira Sacra + Visita guiada a adega (para dúas persoas) do Roteiro do Viño de Ribeira Sacra con cata completa dos seus viños.





CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: