Imprimir y PDF

Catas en liña dos viños da D.O. Ribeira Sacra para comezar o 2021

15/01/2021

A D.O. Ribeira Sacra comezaba a campaña promocional de Nadal “Ribeira Sacra, o viño deste Nadal” con catas virtuais da sumiller, Mercedes González Rodríguez. As catas que se celebraron os días 10 e 17 de decembro foron transmitidas por streamig en Zoom, Youtube, Facebook e Instagram. A actividade tivo moi boa acollida por parte das adegas participantes e por parte do público inscrito na cata, polo que a D.O. Ribeira Sacra prepara dúas novas catas; unha para o xoves, 11 de febreiro e a primeira para o xoves 21 de xaneiro.

  As catas desenvolveranse a partir das 19.00 horas. A participación é aberta e gratuíta pero é necesario inscribirse no correo comunicacion@ribeirasacra.org. Unha vez inscritos obterán a ligazón de Zoom e das redes sociais para poder seguir a cata e deixar as súas preguntas ou comentarios sobre cada viño. 

O xoves 21 ás 19.00 h cataranse (inscricións ata 24 horas antes indicando que viño dos que se catarán adquiriu o participante para a cata):


-        Regina Viarum Godello 2019 de Regina Viarum

-        Val da Lenda blanco Sumum 2019 de Víctor Manuel Rodríguez. Contacto: 629 679 639, info@valdalenda.com

-        Casa Moreiras Godello 2019 de Casa Moreiras

-        Asolagados Mencía 2019 de Pilares de Belesar. Contacto: 696 857 016, fincabaleiroportela@hotmail.es

-        Rectoral de Amandi Mencía 2019 de Bodegas Rectoral de Amandi

-        Finca  Cuarta Mencía 2019 de Rubén Moure. Contacto: 982 178 852, calidad@priordepanton.com

-        Finca Míllara Mencía barrica 2017 de Finca Míllara

-        Ribera de los Naranjos Tinto Summum barrica 2018 de Finca Míllara

-        Adobe Mencía 2019 de Rectoral de Gundivós. Contacto: 626 966 280, rectoraldegundivós@yahoo.com

-        Algueira Carravel Mencía 2016 de Adega Algueira

-        Ruxe Ruxe Mencía 2018 de Tolo do Xisto. Contacto: 667 797 177, info@tolodoxisto.com


Os viños para catar poden ser adquiridos en adega, tendas especializadas, supermercados ou a través de internet; na web de cada adega ou a través da cesta de compra á que se pode acceder desde a web da D.O. Ribeira Sacra.  

As catas desenvolvidas en decembro poden verse de novo no blogue da D.O. Ribeira Sacra, no que xa está colgada a primeira cata. O día 18 colgarase a segunda e entre tanto poden visionarse tamén na canle de youtube da D.O. Ribeira Sacra.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.