A situación de pandemia que estamos a vivir fai que se establezan novas alternativas para a promoción. Neste sentido a D.O. Ribeira Sacra continúa coas catas en liña que comezaba este pasado Nadal. Ata o momento celebráronse 3 catas coa participación dunha decena de referencias en cada unha delas. Este mes, aproveitando a celebración de San Valentín, levarase a cabo unha nova cata impartida pola sumiller, Mercedes González Rodríguez.
A Cata Ribeira Sacra, San Valentín terá lugar o xoves, 11 de febreiro, ás 19.00 horas por streamiNg (Zoom, Youtube, Facebook, Instagram). É necesario inscribirse no correo comunicacion@ribeirasacra.org ata 24 horas antes da celebración da cata, indicando o viño que adquiriu o participante. Unha vez inscritos obterán a ligazón de Zoom e das redes sociais para poder seguir a cata e deixar as súas preguntas ou comentarios sobre cada viño.
A cata é gratuíta e para poder seguila e participar activamente é importante contar con algúns dos viños para catar. Incentívase así a compra dos nosos viños nun momento no que as limitacións ao sector da hostalería están a castigar a todos os sectores que lle fornecen. Agora seguir apostando pola calidade dos produtos de proximidade evidencia máis ca nunca que repercute en beneficio de todos.
Os vinos que participan nesta Cata Ribeira Sacra, San Valentín son:
- Viño do Fortes blanco summum 2019 de José Antonio Fortes. Contacto: 656 961 683, nairax@hotmail.com
- Adega dos Beizos Godello 2019 de Óscar González. Contacto: 649 550 217, oscarinar@gmail.com
- Cuesta de los Olivos Godello 2019 de Finca Míllara. Contacto fincamillara.com
- Algueira Mencía 2019 de Adega Algueira. Contacto adegaalgueira.com
- Lagariza Mencía 2019 de Finca Míllara. Contacto fincamillara.com
- Val da Lenda Mencía 2019 de Víctor Manuel Rodríguez. Contacto: 629 679 639, info@valdalenda.com
- Javier Fernández Mencía 2019 de Adega Saiñas. Contacto: 670 243 735, javier.fdez@hotmail.com
- Campaza Mencía 2019 de Casa Moreiras. Contacto casamoireiras.com
- Ámboa Mencía 2019 de Rectoral de Gundivós . Contacto: 626 966 280, rectoraldegundivos@yahoo.com
- Asolagados Mencía barrica 2018 de Pilares de Belesar. Contacto: 696 857 016, fincabaleiroportela@hotmail.es
- Finca Cuarta Mencía barrica 2018 de Rubén Moure. Contacto: 982 178 852, calidad@priordepanton.com
- Viña Frieira Mencía Barrica 2018 de Carlos Fernández. Contacto 982 410 968
Os viños para catar poden ser adquiridos en adega, tendas especializadas, supermercados ou a través de internet; na web de cada adega ou a través da cesta de compra á que se pode acceder desde a web web da D.O. Ribeira Sacra. Comparte desde a casa O Sabor dunha Paisaxe. Os vídeos destas catas en directo quedan colgados nas diferentes redes desde as que se emitirá a cata para a súa consulta en calquera momento.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España