Imprimir y PDF

"Momento de recoñecer aos mellores"

XV Cata dos Viños de Ribeira Sacra

29/05/2009

Véñense de dar a coñecer os mellores viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, logo de celebrar durante os días 28 e 29 a XV Mostra dos viños da Ribeira Sacra.
13 catadores decidiron que os mellores tintos de Ribeira Sacra eran:

Terceiro premio Javier Fernández da adega de Javier Fernández González da subzona de Ribeiras do Miño.

Segundo premio San Mamed da adega Rosa María Pumar da subzona de Quiroga- Bibei

Primeiro premio Val do Frade de S.A.T. Os Ermitaños da subzona de Quiroga-Bibei.

Os mellores brancos foron:

Terceiro premio Ponte da Boga da adega Ponte da Boga S.L. da subzona de Ribeiras do Sil.

Segundo premio Abadía da Cova de Adegas Moure S.A. da subzona de Ribeiras do Miño

Primeiro Premio Algueira de Algueira S.L., da subzona de Amandi.

Este ano era a segunda vez que se establecía a categoría de viños doutras anadas. Polo número de marcas participantes concretouse un único premio que recaeu en:

Vía Romana mencía 06 de Adegas e Viñedos Vía Romana S.L. da subzona de Chantada.

Como en edicións anteriores os premiados recibiron pezas de olería de Gundivós. Este ano, ademáis dos premios aos viños mellor valorados polo panel de cata, houbo un premio especial, como recoñecemento a unha ??persoa que leva o mundo do viño no corazón?, tal e como o presentou o Presidente do C.R.D.O.R.S.. este premio especial foi para José Luís Hernáez Mañas, experto en viticultura e enoloxía, que este ano, ademais, formaba parte do panel de cata.

Na súa intervención Hernáez Mañas loubou o esforzo e tesón cos que se traballou nesta Denominación para conseguir desde os inicios ata hoxe uns viños cada vez mellores. Asegurou que os viños catados hoxe eran técnicamente magníficos. Aproveitou para recordar que Ribeira Sacra ten recursos para que todos os seus viños sexan totalmente distintos entre sí e fixo un chamamento a buscar a diversidade.

Os catadores desta XV edición dos viños da Ribeira Sacra coincidiron en que este ano os brancos deran un salto cualitativo sorprendente. Os tintos, manteñen a evolución que se está dando nos últimos anos e os barrica caracterízanse pola súa consistencia e dar unha proposta diferente con respecto aos viños doutras D.O.

Entre as autoridades presentes na comida estaba o Presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, alcaldes de concellos de Ribeira Sacra e representantes da administración autonómica. Segundo o Presidente do C.R.D.O.R.S., José Manuel Rodríguez, a cita de hoxe é a festa da D.O.R.S., o ??momento de recoñecer aos mellores e intercambiar experiencias para seguir mellorando porque a D.O. fíxose entre todos e é cousa de todos?.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.