Imprimir y PDF

Próximos cursos na D.O. Ribeira Sacra

02/08/2021

Na programación de Formación Continua e Transformación Tecnolóxica na D.O. Ribeira Sacra neste 2021 recóllense cursos de aplicador manipulador de produtos fotosanitarios nivel básico e nivel cualificado, de enoturismo, viticultura sostible, comercialización e marketing en adegas, así como catas de iniciación á Ribeira Sacra: achegamento do pobo ao mundo do viño. As diferentes actividades desenvolveranse desde mediados de agosto ata novembro.

Unha das primeiras actividades será o curso de aplicador manipulador de produtos fitosanitarios, nivel básico, que se desenvolverá en Monforte entre o 16 e o 23 de agosto, en  horario de 16.00 a 21.00.

Consulta aquí o listado de actividades formativas.

Descargas


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: