Imprimir y PDF

A D.O. Ribeira Sacra inicia os controis de maduración o 30 de agosto

27/08/2021

O luns, 30 de agosto, comezan os controis de maduración na D.O. Ribeira Sacra. Técnicos do Consello Regulador realizan estes controis en parcelas representativas das cinco subzonas da D.O. e con todas as variedades de uva acollidas á mesma.  

Estes controis serven para determinar o estado da uva e axudan a establecer a data oficial que recomenda o Consello Regulador para o inicio de vendima, sen prexuízo de que algunha adega poida empezar a recollida de uva con anterioridade se as súas uvas teñen as condicións adecuadas. Na campaña pasada unha adega da subzona Ribeiras do Sil iniciaba os traballos de recollida de uva o 26 de agosto.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.