Imprimir y PDF

Reunión de Confraternidade en Ribeira Sacra

22/12/2017

RIBEIRA SACRA CELEBRA 25 ANOS COA ENTREGA DOS PREMIOS INTERNACIONAIS “ MONDIAL DEAS VINS EXTRÊMES”
Na reunión de confraternidade anual con adegueiros, persoal do Consello Regulador e representantes das administracións públicas.

Este Venres 22 de decembro celebrouse no Parador de Monforte de Lemos a tradicional comida de Nadal á que asistiron numerosos adegueiros, representantes do pleno do Consello Regulador e representantes da administración local e autonómica.

O presidente do C. R.D.O. R.S., José Manuel Rodríguez González, que presidiu o acto destacou que:
“Tras 25 anos a gran familia de Ribeira Sacra formada por adegueiros, persoal e representantes da administración, principalmente, séguese reunindo nunha mesa para compartir opinións e experiencias”
“O importante destes premios é que cada ano os viños de Ribeira Sacra teñen unha gran presenza cunha elevada participación e que implica que estean presentes nas guías de máis prestixio internacional”

Así mesmo membros da administración local e rexional xunto co presidente José Manuel Rodríguez, fixeron entrega das 4 medallas de ouro e 5 de prata obtidas polos viños da D.Ou. Ribeira Sacra nunha edición de récord do concurso internacional “Mondial deas Vins Extrêmes 2017” organizado polo CERVIM, o concurso enolóxico máis importante a nivel mundial, reservado aos viños producidos en rexións de montaña ou procedentes de cultivos heroicos cuxo obxectivo é o de promover e valorizar a produción enolóxica desas terras que se caracterizan polas dificultades estruturais, pero tamén por viños singulares que teñen unha personalidade extraordinaria. O seu obxectivo é salientar as características únicas deses produtos así como dar a coñecer aos consumidores os aspectos culturais da viticultura de montaña e o valioso traballo que os viticultores fan para a salvaguardia do territorio e o medio ambiente e para que os consumidores mesmos poidan apreciar todo isto. Trinta catadores provenientes de numerosos países destacaron a altísima calidade dos viños degustados, mostrando un gran interese por un concurso único no mundo que ofrece a posibilidade de degustar viños singulares. Nesta edición de 2017, 28 adegas acollidas á Denominación de Orixe Ribeira Sacra participaron no concurso achegando 48 mostras nas diferentes categorías dun total de 740 viños presentados de 306 empresas provenientes de 15 países.

Os viños con D.O. Ribeira Sacra que resultaron galardoados son os seguintes:

MEDALLA DE OURO PARA:

  • "REGINA VIARUM" 2016, (VIÑOS BRANCOS ANADA 2016) REGINA VIARUM S. L. – DOADE ( GALIZIA)
  • “SABATELIVS” 2016, (VIÑOS TINTOS PRODUCIDOS ENTRE 2015 E 2016) ADEGAS E VIÑ EDOS LAREU SL - CHANTADA ( GALIZIA)
  • “REGINA EXPRESION” 2014, (VIÑOS TINTOS PRODUCIDOS EN 2014 Ou CON ANTERIORIDADE) REGINA VIARUM S. L. – DOADE ( GALIZIA)
  • “VR BARRICA” 2012. (VIÑOS TINTOS PRODUCIDOS EN 2014 Ou CON ANTERIORIDADE) VÍA ROMANA ADEGAS E VIÑ EDOS – CHANTADA ( GALIZIA)


MEDALLA DE PRATA PARA:

  • “VERDE MATAS" 2016, (VIÑOS TINTOS PRODUCIDOS ENTRE 2015 E 2016) PENA DAS DOAS - PANTON ( GALIZIA)
  • “VIÑA VELLA” 2016, (VIÑOS TINTOS PRODUCIDOS ENTRE 2015 E 2016) S.A. T. VIRXEN DOUS REMEDIOS– O SAVIÑ AO ( GALIZIA)
  • “ABADIA DA COVA” BARRICA 2015, (VIÑOS TINTOS PRODUCIDOS ENTRE 2015 E 2016) ADEGAS MOURE S.A – ESCAIRON ( GALIZIA)
  • “ESTRELA” 2016. (VIÑOS TINTOS PRODUCIDOS ENTRE 2015 E 2016) D ́FRAN, S. C. – SOBER ( GALIZIA)
  • "DON BERNARDINO 4a GENERACION - 2014 (VIÑOS TINTOS PRODUCIDOS EN 2014 Ou CON ANTERIORIDADE) ON BERNARDINO – SOBER ( GALIZIA)


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: