 
							        	
							        
			
		        											                   
			
			                
			                	Despois da primeira fin de semana oficial de vendima na D.O. Ribeira Sacra recolléronse 483.709 quilos de uva			                
			                 
			                			                 
			                20/09/2021
       
			                
							
							
							                                                                                  
                                        			             
                                        
                                         
                                                                                    
                                                                                                                      
                                        			             
                                        
                                                
                                        A D.O. Ribeira Sacra fixaba como data recomendada para o inicio oficial da vendima o pasado 15 de setembro, aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de uva de determinadas variedades na última fin de semana de agosto. Tras a primeira fin de semana oficial de vendima entraron en adega 483.709 quilos de uva, dos que a maioría corresponden a Godello con 211.862 quilos.
 O resto das variedades distribúense do seguinte modo: 
 
Variedades tintas
- Mencía 179.965 quilos
- Merenzao 18.872 quilos
- Garnacha 5.928 quilos
- Brancellao 8.090 quilos
- Caíno tinto 1.080 quilos
- Tempranillo 306 quilos
- Mouratón 90 quilos
Variedades brancas- Godello 265.873 kilos
- Albariño 42.724 quilos
- Treixadura 10.943 quilos
- Dona Branca 2.934 quilos
- Branco Lexítimo 578 quilos
- Torrontés 222 quilos
- Loureira 115 quilos
  Das 
97 adegas que esperan vendimar ao amparo da D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, 39 están vendimando, 12 téñena paralizada e 2 xa remataron. 44 adegas estarían pendentes de comezar os traballos de recollida de uva. A uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo e os traballos séguense desenvolvendo con todas as medidas necesarias para a prevención da Covid19.